Ollar Castrelo

[rockyou id=119772000&w=426&h=318]

50 imaxes.

Dende esta fiestra pretendemos ofrecer unha ollada do noso concello a través das fotos que os nosos veciños ofrecen destas terras.

Se queres compartir as túas imaxes a cerca do noso concello, non o dubides e fainos chegar o teu ollar!

Acerca as túas imaxes a Aula de Dinamización da Sociedade da información, sita no Complexo de Turismo Náutico ou ponte en contacto ca dinamizadora dende aquí.

Graciñas a todos e a todas!

Concurso OLLAR CASTRELO

Álbum fotográfico de  Concello de Castrelo de Miño

preme enrriba da imaxe para velas fotografías participantes como presentación

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, coa colaboración do Concello de Castrelo de Miño promove esta iniciativa co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, que coincide tamén co Día Mundial de Internet, e convida a tódolos veciños do concello e toda persoa que conteña imaxes do mesmo a elaborar un álbum fotográfico de Castrelo de Miño.

A través desta iniciativa pretendemos unificar o uso das novas tecnoloxías co emprego e fomento do idioma galego e ao mesmo tempo dar a coñecer e aumentar a presenza do concello na internet, través de imaxes realizadas polos cidadáns, que serán expostas na web do Concello: http://www.castrelo.org.

Bases do Concurso Ollar Castrelo.

  • Preme enriba da imaxe para acceder ao álbum fotográfico de Ollar Castrelo, participantes no concurso e premiados.
  • Se desexar descargar as obras participantes , preme aquí
  • Gracias a todos e a todas por participar!

    Tamén podes atopar as imaxes participantes no Google Mapas. Fai a proba, entra en Google Mapas e busca Ollar Castrelo! Ou preme aquí para atopalo rapidamente!

    Creative Commons License
    Ollar Castrelo está baixo  licenza Creative Commons Reconocimiento-No comercial 2.5 España License.