Consulta a nova web municipal do Concello de Castrelo de Miño: www.castrelo.org

Desde o 1 de maio de 2011 está web “castrelo.wordpress.com” deixará de actualizarse. Podes consultar toda a información municipal do Concello de Castrelo de Miño na nova páxina web:

www.castrelo.org

BANDO 15/2011: CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE). FAGO SABER que nos próximos días, e unha vez publicado no BOE, abrirase o proceso para cubrir en réxime de interinidade unha praza de Auxiliar Administrativo – Secretaría do Xulgado de Paz no Concello de Castrelo, sendo a titulación mínima requirida o graduado en ESO.

A selección farase a través dun concurso oposición libre que se compoñerá de tres exercicios, o primeiro da parte xeral do temario, o segundo da parte específica e o terceiro unha proba de galego, proba da que quedarán exentos aqueles que acrediten ter superado o Celga 3 ou o curso de iniciación ao galego.

Poden consultarse todas as condicións na páxina web do Concello http://www.castrelo.org ou no Boletín Oficial da Provincia do 8 de abril de 2010

O que se fai público para xeral coñecemento.

Bases auxiliar administrativo Concello de Castrelo de Miño

BANDO 14/2011: CONTRATACIÓN DE 4 TRABALLADORES PARA DIFERENTES OBRAS/SERVIZOS.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE). FAGO SABER que esta Alcaldía, vai solicitar á oficina de emprego de Ribadavia oferta pública de emprego para a contratación de:

• 1 animador social a media xornada cunha duración de contrato de oito meses para a obra/servizo “Dinamización turística, sociocultural e deportiva dos recursos do concello”.

• 1 diplomado en turismo a media xornada cunha duración de contrato de oito meses para a obra/servizo “Dinamización turística, sociocultural e deportiva dos recursos do concello”.

• 1 electricista a media xornada cunha duración de contrato de seis meses para a obra/servizo “Castrelo eficiente e sostible”.

• 1 fontaneiro a media xornada cunha duración de contrato de seis meses para a obra/servizo “Castrelo eficiente e sostible”.

Todos os interesados en participar deberán estar anotados como desempregados na oficina de emprego nas categorías anteriores antes do vindeiro venres 6 de maio de 2011.

O que se fai público para xeral coñecemento.

BANDO 13/2011: NOVO CURSO DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS 2011 NA COMARCA DO RIBEIRO.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE). FAGO SABER que a oficina de emprego de Ribadavia oferta un novo curso dirixidos a persoas desempregadas que se atopen inscritas na oficina de emprego.

O cursos ofertados e o seguinte:

  • CURSO DE OPERADOR DE MAQUINARIA DE EXPLANACIÓN.
    • Duración 728 horas.
    • Datas previstas: 19/05/2011 ata 28/11/2011.
    • Lugar: Mancomunidade I.V. do Ribeiro.

Todos os interesados en participar deberán dirixirse á oficina de emprego de Ribadavia para anotarse. O número de prazas é limitado.

Feira de Abril adicada ás cativas e cativos de Castrelo de Miño

Zona de lecer con monitores titulados e inchables para os rapaces.
No río, waterballs para camiñar sobre a auga.

Comenza a actividade formativa na Aula de Novas tecnoloxías de Castrelo!

As actividades previstas durante o mes de abril e maio son as seguintes:

 Charla informativa:

Trámites electrónicos (oficina virtual): Six pac, Axencia Tributaria, petición de cita médica a través de Internet, permisos de queima… e todalas aquelas dúbidas que queiras consultar a cerca da aula e a formación

  • Asoc. Penedo da Forca. Prado de Miño. Luns, 18 de Abril. 20:30 a 22:00 horas.
  • Centro Médico de Macendo. Martes 19 de Abril. 20:30 a 22:00 horas.

Curso:

Curso de iniciación a informática, correo electrónico, comunicación en tempo real a través de Internet, e outros recursos web.

Aula de Novas Tecnoloxías. Complexo de Turismo Náutico.

De Luns a Xoves, dende o luns 2 de maio ata o luns 16 de maio en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Para inscriprcións e máis información:

Complexo de Turismo Náutico, s/n. 1º Andar. Castrelo de Miño.

Telf: 988493225. dinamizacastrelo@gmail.com

A Aula de Castrelo de Miño conta co seguinte horario de luns a venres, de 17:00 a 21:00 horas, sendo de 17:00 a 19:00 horario de aula aberta e adicando o horario de 19:00 a 21:00 a accións formativas.

BANDO 12/2011: CONTRATACIÓN DE 2 TRABALLADORES PARA LABORES DE LIMPEZA E ACONDICIONAMENTO.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que esta Alcaldía, vai solicitar á oficina de emprego de Ribadavia oferta pública de emprego para a contratación de:

• un capataz de obras públicas

• un peón de obras públicas

Realizarase un contrato de obra/servizo para as labores de limpeza e acondicionamento de vías públicas e de redes de abastecemento e saneamento do concello polo tempo determinado na concesión da subvención dos programas de cooperación.

Todos os interesados en participar deberán estar anotados como desempregados na oficina de emprego nas categorías anteriores antes de comezar o proceso selectivo que se iniciará o vindeiro luns 11 de abril de 2011.

O que se fai público para xeral coñecemento.