Feira de Abril adicada ás cativas e cativos de Castrelo de Miño

Zona de lecer con monitores titulados e inchables para os rapaces.
No río, waterballs para camiñar sobre a auga.

Participa na feira do mes de marzo. Ven voar a Castrelo!

Participa na feira de febreiro adicada ao entroido de Laza.

Exposición sobre o Entroido de Laza, degustacion e venda de produtos típicos do entroido de laza  (xastré e bica branca), animación musical, desfile de peliqueiros, maragatos, farrapos e a morena.

 

BANDO 3/2011: PARTICIPACIÓN DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO NA FEIRA “XANTAR”.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que o Concello de Castrelo de Miño segue coa súa campaña de promoción turística “Feliz Novidade” e nesta ocasión estará presente cun stand promocional en “Xantar. Salón Galego de Gastronomía e Turismo” que se celebrará do 2 ao 6 de febreiro de 2010 en Expourense.

Xantar e unha das feiras estrela das que se celebran en Ourense e por ela pasan arredor de 20.000 visitantes, converténdoa nun lugar ideal para darnos a coñecer no mercado máis próximo, a cidade de Ourense.

Ademais de estar presentes co stand onde se mostrarán imaxes de Castrelo, repartiranse folletos e proxectarase o vídeo de Feliz Novidade; o sábado 5 de febreiro Xantar estará adicado a Castrelo de Miño, e ese mesmo días ás 12:30 horas realizarase unha presentación da campaña ante os medios.

Tódolos veciños que desexen asistir a esta xornada, deberán pasar pola Casa do Concello para recoller o convite que permitirá entrar gratuitamente ao recinto.

A participación é moi importante así que animamos a tódolos veciños a compartir o Día de Castrelo en Xantar.

Presentación da campaña turística “Feliz Novidade”

Sábado 5 de febreiro de 2010 as 12:30 horas

No Recinto Feiral Expourense

O que se fai público para xeral coñecemento.

Un almanaque promociona Castrelo de Miño con fotografías de todas as parroquias.

Traballadores do Concello de Castrelo de Miño remataron de repartir nestes días por todas as casas do municipio un almanaque turístico e promocional. As autoridades locais consideran que se trata dunha iniciativa coa que se pretende ‘pór en valor os recursos turísticos e patrimoniais’, segundo apuntou o alcalde Xurxo Rodríguez e tamén promocionar “o comerzo do noso Concello”

O almanaque consta dunha portada, na que se recolle unha fotografía dunha tenda tradicional sita en Santo Estevo, e de 12 fotografías, unha por mes, con imaxes de tódalas las parroquias.

Este é o segundo ano que desde o actual equipo de goberno se leva adiante esta iniciativa. “No 2010 centrámonos nos recursos turísticos e patrimoniais, pero este ano 2011 o que queremos pór en valor son as persoas de Castrelo de Miño, os nosos veciños e veciñas”. Así recóllense en distintos meses fotografías dos equipos deportivos creados nos últimos 2 anos,  os integrantes dos obradoiros de emprego e as obras realizadas, as tendas e no apoio ao comerzo en Castrelo de Miño, a recuperación da Feira mensual, o novo catamarán e as novas zonas de pesca no río Miño ou a agrupación de voluntarios de Castrelo de Miño.

Fases lunares

Ademais, apuntan as autoridades municipais que se puxo especial empeño durante a súa elaboración en reflexar as distintas fases lunares para que os veciños coñezan os momentos óptimos para a realización das diferentes labores do campo. Por outra banda, o rexidor destaca que ‘tamén ten unha función turística e promocional fóra de Castrelo de Miño’, xa que está previsto a súa distribución en feiras’.

Pódese acceder a unha versión dixital do almanaque na seguinte ligazón:
Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2011

*

Nesta outra ligazón tamén se pode consultar o do pasado ano 2010:

Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2010

A feira do mes de Xaneiro estará adicada á artesanía

Celebra a “Feliz Novidade!” – Comparte o video turístico promocional de Castrelo de Miño.

Para compartir o video difunde o seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=6C-R3Gx9-y8