Apróbanse en Pleno os proxectos que se presentarán ao fondo estatal de inversión local

Supoñen un investimento de 353.446 € e o acordo foi adoptado por unanimidade.

No salón de actos da casa do Concello de Castrelo de Miño, sendo as doce horas do día dezaseis de xaneiro dous mil nove, reuniuse a corporación municipal, a fin de celebrar sesión ordinaria. O principal punto da orde do dia era a Aprobación de proxectos para o FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL. Ao Concello de Castrelo de Miño, (Ourense) correspóndelle unha financiación máxima por importe de 353.446,00 €.
A memoria aprobada froito das  reunións mantidas entre todos os grupos políticos municipais inclúe a realización das seguintes obras así como a inversión prevista nas mesmas:

 

1. Extensión da cobertura de TDT no Concello de Castrelo de Miño por importe de 41.600,00 €

2. Dotación dunha rede de telecomunicacións WIMAX ás parroquias e núcleos do Concello de Castrelo de Miño que actualmente non dispoñen do servizo de acceso a banda larga, por importe de 44.180,00 €.


3. Mellora do entorno dos arredores da zona do cruceiro de Macendo, por importe de 52.411,00 €.


4. Mellora do entorno na praza de Astariz por importe de 46.455,00 €.


5. Mellora do entorno na praza da Eira en Prado de Miño por importe de 52.229,00 €.


6. Rehabilitación de Fontes e Lavadoiros Públicos do Concello de Castrelo de Miño. Souto, Troncoso, Parada e Ramiras, por importe de 38.448,00 €.


7. Melloras e reparacións de muros de contención en viais de titularidade municipal, por importe de 21.920,00 €.


8. Traballos de melloras urxentes, xestión e reducción do gasto enerxético do alumeado público, por importe de 56.300,00 €

 

 

CONVOCATORIA: Pleno extraordinario

Ver convocatoria

Convócase Pleno Extraordinario  que celebrarase na Casa Consitorial o vindeiro venres 6 de Xuño de 2008 ás 12:00 horas, para tratar os seguintes puntos da Orde do Día:

1o.- APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.
2o.- PLANOS PROVINCIAIS 2008. AMPLIACIÓN E ENSANCHE DO CAMIÑO DE ENTRADA A TRONCOSO DESDE FONTEFRÍA E MELLORA DO CAMIÑO DE FOXO Á COSTA.

CONVOCATORIA: Pleno ordinario

Ver CONVOCATORIA

Convócase Pleno Ordinario que celebrarase na Casa Consitorial o vindeiro Venres quince de Febreiro de 2008 ás doce horas da mañá.

CONVOCATORIA: Sesión extraordinaria

Ver CONVOCATORIA

Convócase sesión extraordinaria que celebrarase na Casa Consitorial o  vindeiro Luns once de Febreiro de 2008 ás doce da mañá.

CONVOCATORIA: Pleno Extraordinario Urxente

Ver CONVOCATORIA

Convócase Pleno Extraordinario Urxente que celebrarase na Casa Consitorial o vindeiro Xoves 7 de Febreiro de 2008 ás 10:00 horas, para tratar os seguintes puntos do Orde do Día:

– SOLICITUDE DE INCLUSIÓN DE OBRAS NO PLAN PROVINCIAL DE
COOPERACIÓN 2008.

CONVOCATORIA: Pleno ordinario

 Ver CONVOCATORIA

Convócase Pleno  Ordinario que se celebrará na Casa Consistorial, ás doce horas (da mañá) do día dezaoito de Xaneiro de 2008.

CONVOCATORIA: Pleno ordinario

Ver CONVOCATORIA

Convócase Pleno Ordinario que se celebrará na Casa Consistorial o vindeiro vinte un de decembro do 2007 , as doce da mañá.