BANDO 8/2011: AXUDAS PARA REHABILITACIÓN E RECONSTRUCIÓN DE VIVENDAS E PARA REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicou o Decreto 44/2011 polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago (DOG núm 58, de 23 de marzo de 2011).

Para poder ser beneficiario da subvención económica que con carácter anual publicará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas será REQUISITO INDISPENSABLE ESTAR EN POSESIÓN DA CUALIFICACIÓN DEFINITIVA.

O día 24 de marzo abriuse o prazo para obter dita cualificación definitiva, este prazo permanecerá aberto todo o ano.

Para atender calquera dúbida ou consulta que lle poida xurdir en relación con este programa de axudas e proporcionarlle a colaboración necesaria na tramitación das solicitudes que poida presentar pode dirixirse as oficinas municipais en horario de atención ao público.

O que se fai público para xeral coñecemento.

 

 

BANDO 6/2011: AXUDAS A DEPENDENTES PARA FACILITAR A AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que o pasado 28 de febreiro de 2011, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº40, a Orde do 17 de febreiro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e á accesibilidade e se procede á súa convocatoria.

Esta orde ten como finalidade colaborar en determinados gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2011, destinados a:

1. Apoiar a persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.

2. Facilitar as adaptacións funcionais do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda que contribúan a mellorar a autonomía persoal e a previr situacións de dependencia maiores, así como mellorar a súa accesibilidade.

3. Adquisición de próteses dentais e audífonos co obxecto de compensar as limitacións funcionais.

Serán beneficiarios desta resolución:

1. Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia polo órgano de valoración da dependencia, nos seguintes graos e niveis:

  • Grao III, niveis 1 e 2.
  • Grao II, niveis 1 e 2.

2. Persoas que teñan solicitado o recoñecemento da súa situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta convocatoria, quedando condicionada a percepción da axuda a que lles sexa recoñecida a situación de dependencia en calquera dos graos e niveis anteriores.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de mazo de 2011.

Para obter máis información ou cursar a solicitude os interesados poden dirixirse ó departamento de servizos sociais do concello, os luns, martes e venres.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Anuncio 11/2010: Programa EMEGA.

Anuncio 11. Programa EMEGA. SI429A

Anuncio 10/2010: Subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as en colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e institucións sen ánimo de lucro.

Anuncio 10. Subvención para contratación de traballadores desempregados (Programas de cooperación). TR352A

Anuncio 9/2010: Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga a celebrar nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Anuncio 9. Cursos preparatorios para Celga nas EOI. ED104H

Anuncio 8/2010: Cursos de linguaxe administrativa galega nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Anuncio 8. Cursos de linguaxe administrativa galega nas EOI. ED104G

Anuncio 7/2010: Actividades de campamento e campos de traballo.

Anuncio 7. Actividades de campamento e campos de traballo. PR930A

Anuncio 6/2010: Axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.

Anuncio 6. Axudas para promoción do sector vitivinícola. MR440D

Anuncio 5/2010: Programa “Ven a Galicia, ben en Galicia”.

Anuncio 5. Programa Ven a Galicia, ben en Galicia. PR926C

Anuncio 4/2010: Programa Volver á terra.

Anuncio 4. Programa Volver á terra. PR926B

Anuncio 3/2010: Programa Volver á casa.

Anuncio 3. Programa Volver á casa. PR926A

Anuncio 2/2011: Axudas as PEMES para o financiamento de actuacións destinadas a prevención, protección , mellora e coñecemento ambiental.

Anuncio 2. Axudas as PEMES para o finaciamento de actuacións medioambientais. MT984B