BANDO 13/2011: NOVO CURSO DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS 2011 NA COMARCA DO RIBEIRO.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE). FAGO SABER que a oficina de emprego de Ribadavia oferta un novo curso dirixidos a persoas desempregadas que se atopen inscritas na oficina de emprego.

O cursos ofertados e o seguinte:

  • CURSO DE OPERADOR DE MAQUINARIA DE EXPLANACIÓN.
    • Duración 728 horas.
    • Datas previstas: 19/05/2011 ata 28/11/2011.
    • Lugar: Mancomunidade I.V. do Ribeiro.

Todos os interesados en participar deberán dirixirse á oficina de emprego de Ribadavia para anotarse. O número de prazas é limitado.

Advertisements

BANDO 11/2011: BOLSA DE PRÁCTICAS PARA ESTUDANTES

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que o Concello de Castrelo de Miño asinou convenios de cooperación educativa coas universidades galegas e con distintas entidades educativas e formativas para a realización de prácticas preprofesinais, co fin de facilitar a preparación para o exercizo profesional dos estudantes que cumpran algún dos seguintes requisitos:

A.) ESTUDANTES UNIVERSITARIOS :

 Matriculados en calquera das tres universidades galegas que teñan alomenos o 50% dos créditos da súa titulación superados.

B.) TITULADOS UNIVERSITARIOS:

 Ter menos de 31 anos.

 Ter finalizado os estudos nos derradeiros tres anos.

 Non ter realizado traballo remunerado relacionado coa titulación.

C.) ESTUDANTES DE FORMACIÓN PROFESIONAL E CICLOS FORMATIVOS:

 Realizando estudos de formación profesional ou ciclos formativos e interesados en realizar as prácticas no concello de Castrelo de Miño.

Os estudantes interesados en participar e que cumpran os requisitos deben solicitalo no Concello para facer as xestións oportunas.

Neste ámbito, a axente de emprego e desenvolvemento local do concello está á súa enteira disposición nas oficinas municipais para atender as solicitudes ou calquera dúbida que lles poida xurdir.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Castrelo de Miño 30 de marzo de 2011.

Hoxe luns no programa “Xiz” de “V televisión” os alunos do colexio de Castrelo de Miño concursan contra o San Marcos de Cartelle

Hoxe luns 28 de marzo ás 20.15 horas, no programa Xiz de V Televisión terá lugar a primeira eliminatoria desta semana do concurso dos colexios galegos onde se enfrontarán dous da provincia de Ourense. Samuel Erbén e José Álvarez do San Marcos de Cartelle concursarán contra Ismael Rodríguez e Lucas Hermida, representantes do de Castrelo de Miño.

Ti eres o protagonista! Apúntate ao Taller de Teatro do Concello

Programa de actividades para a apertura do Centro Educativo de Castrelo de Miño fóra do horario escolar

O concello de Castrelo de Miño, cofinanciado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, está organizando un Programa de Apertura de Centros Educativos fóra do horario escolar co cal queremos ampliar os servizos que oferta o concello, para axudar tamén á conciliación da vida laboral e familiar.

É a continuación das actividades realizadas durante o verán, onde os rapaces de Castrelo de Miño poideron disfrutan dun campamento en 2009 e 2010, ou das actividades musicais realizadas durante o anterior curso escolar.

As actividades estarán supervisadas por un monitor e adaptadas ás idades de cada grupo de participantes e, dependendo do número de nenos que participen nas actividades, organizaríanse distintos grupos dependendo das idades.

As actividades comezaríanse a desenvolver o vindeiro 21 de febreiro ata o 9 de xuño, pola tarde en horario de 15:45 a 18:45 horas no C.E.I.P. de Astariz e é necesario que os pais interesados en que os seus fillos participen acheguen debidamente cumprimentada e firmada ás oficinas municipais a inscrición, no caso de tela entregado xa no colexio non será necesario que a volva a entregar.

O calendario de actividades sería o seguinte:

Luns martes mércores Xoves
15:45-17:00 Animación á lectura. Reforzo educativo e técnicas de estudo. Laboratorio das ciencias. Reforzo educativo e técnicas de estudo.
17:00-17:20 merenda merenda merenda merenda
17:20-18:45 Vivencia Musical Artes manuais creativas, debuxo e pintura Xogos en lingual Inglesa Xogos de multideporte.

 

 

Un almanaque promociona Castrelo de Miño con fotografías de todas as parroquias.

Traballadores do Concello de Castrelo de Miño remataron de repartir nestes días por todas as casas do municipio un almanaque turístico e promocional. As autoridades locais consideran que se trata dunha iniciativa coa que se pretende ‘pór en valor os recursos turísticos e patrimoniais’, segundo apuntou o alcalde Xurxo Rodríguez e tamén promocionar “o comerzo do noso Concello”

O almanaque consta dunha portada, na que se recolle unha fotografía dunha tenda tradicional sita en Santo Estevo, e de 12 fotografías, unha por mes, con imaxes de tódalas las parroquias.

Este é o segundo ano que desde o actual equipo de goberno se leva adiante esta iniciativa. “No 2010 centrámonos nos recursos turísticos e patrimoniais, pero este ano 2011 o que queremos pór en valor son as persoas de Castrelo de Miño, os nosos veciños e veciñas”. Así recóllense en distintos meses fotografías dos equipos deportivos creados nos últimos 2 anos,  os integrantes dos obradoiros de emprego e as obras realizadas, as tendas e no apoio ao comerzo en Castrelo de Miño, a recuperación da Feira mensual, o novo catamarán e as novas zonas de pesca no río Miño ou a agrupación de voluntarios de Castrelo de Miño.

Fases lunares

Ademais, apuntan as autoridades municipais que se puxo especial empeño durante a súa elaboración en reflexar as distintas fases lunares para que os veciños coñezan os momentos óptimos para a realización das diferentes labores do campo. Por outra banda, o rexidor destaca que ‘tamén ten unha función turística e promocional fóra de Castrelo de Miño’, xa que está previsto a súa distribución en feiras’.

Pódese acceder a unha versión dixital do almanaque na seguinte ligazón:
Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2011

*

Nesta outra ligazón tamén se pode consultar o do pasado ano 2010:

Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2010

Apúntate a compostar na túa casa. O concello agasállate cun composteiro.