BANDO 6/2011: AXUDAS A DEPENDENTES PARA FACILITAR A AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que o pasado 28 de febreiro de 2011, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº40, a Orde do 17 de febreiro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e á accesibilidade e se procede á súa convocatoria.

Esta orde ten como finalidade colaborar en determinados gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2011, destinados a:

1. Apoiar a persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.

2. Facilitar as adaptacións funcionais do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda que contribúan a mellorar a autonomía persoal e a previr situacións de dependencia maiores, así como mellorar a súa accesibilidade.

3. Adquisición de próteses dentais e audífonos co obxecto de compensar as limitacións funcionais.

Serán beneficiarios desta resolución:

1. Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia polo órgano de valoración da dependencia, nos seguintes graos e niveis:

  • Grao III, niveis 1 e 2.
  • Grao II, niveis 1 e 2.

2. Persoas que teñan solicitado o recoñecemento da súa situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta convocatoria, quedando condicionada a percepción da axuda a que lles sexa recoñecida a situación de dependencia en calquera dos graos e niveis anteriores.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de mazo de 2011.

Para obter máis información ou cursar a solicitude os interesados poden dirixirse ó departamento de servizos sociais do concello, os luns, martes e venres.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Doa sangue en Castrelo de Miño