Un almanaque promociona Castrelo de Miño con fotografías de todas as parroquias.

Traballadores do Concello de Castrelo de Miño remataron de repartir nestes días por todas as casas do municipio un almanaque turístico e promocional. As autoridades locais consideran que se trata dunha iniciativa coa que se pretende ‘pór en valor os recursos turísticos e patrimoniais’, segundo apuntou o alcalde Xurxo Rodríguez e tamén promocionar “o comerzo do noso Concello”

O almanaque consta dunha portada, na que se recolle unha fotografía dunha tenda tradicional sita en Santo Estevo, e de 12 fotografías, unha por mes, con imaxes de tódalas las parroquias.

Este é o segundo ano que desde o actual equipo de goberno se leva adiante esta iniciativa. “No 2010 centrámonos nos recursos turísticos e patrimoniais, pero este ano 2011 o que queremos pór en valor son as persoas de Castrelo de Miño, os nosos veciños e veciñas”. Así recóllense en distintos meses fotografías dos equipos deportivos creados nos últimos 2 anos,  os integrantes dos obradoiros de emprego e as obras realizadas, as tendas e no apoio ao comerzo en Castrelo de Miño, a recuperación da Feira mensual, o novo catamarán e as novas zonas de pesca no río Miño ou a agrupación de voluntarios de Castrelo de Miño.

Fases lunares

Ademais, apuntan as autoridades municipais que se puxo especial empeño durante a súa elaboración en reflexar as distintas fases lunares para que os veciños coñezan os momentos óptimos para a realización das diferentes labores do campo. Por outra banda, o rexidor destaca que ‘tamén ten unha función turística e promocional fóra de Castrelo de Miño’, xa que está previsto a súa distribución en feiras’.

Pódese acceder a unha versión dixital do almanaque na seguinte ligazón:
Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2011

*

Nesta outra ligazón tamén se pode consultar o do pasado ano 2010:

Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2010

BANDO 49/2010: INAUGURACIÓN DA NOVA PONTE DE CASTRELO DE MIÑO

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que este martes 28 de decembro de 2010 procederase á inauguración da nova ponte sobre o río Miño e da ampliación da estrada Ou-402 Ourense-Cortegada e Ou-403 Ponte Castrelo-San Paio.

Lugar: Nova Ponte de Castrelo de Miño
Hora: 11:00 Horas

Asistirán (entre outros):

Don Alberto Nuñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia.

Don Agustín Hernández Fernández de Rojas, Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

Don Xurxo Rodríguez Méndez Alcalde do Concello de castrelo de Miño

Convídase a todos os veciños e veciñas a asistir a este acto público de inauguración da ampliación da nova ponte sobre o río Miño e da ampliación da estrada Ou-402 Ourense-Cortegada e Ou-403 Ponte Castrelo-San Paio, que suporán unha mellora das comunicacions deste Concello.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Celebra a “Feliz Novidade!” – Comparte o video turístico promocional de Castrelo de Miño.

Para compartir o video difunde o seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=6C-R3Gx9-y8

A piques de finalizar as obras de ampliación da estrada OU-402 e OU-403 e a construcción da nova ponte sobre o río Miño.

Tras longos meses de traballo, nestes días estánse realizando as derradeiras obras da ampliación da estrada OU-402 e OU-403 (Castrelo – San Paio). Estas obras inclúen a construcción dunha nova ponte sobre o río Miño e a mellora dos accesos á autovía A-52.

 

O concello de Castrelo de Miño vai construír unha residencia para maiores

Será unha vivenda comunitaria na que se lle prestará atención a 12 persoas. É a segunda fase do proxecto de atención aos maiores de Castrelo iniciado nesta lexislatura, será financiada con fondos europeos, e situarase en Puxeiros á beira do Centro de Día que actualmente se atopa a piques de finalizar a súa construcción.

As obras desta nova residencia comezarán no vindeiro mes de novembro e constará de dormitorios, espazos comúns, cociña, sala de estar, comedor, almacén, lavanderia, aseos adaptados, zona de administración e incluso disporá dun pequeño apartamento para os coidadores.

Con esta nova residencia e co centro de día tamén se continúan a crear novos postos de traballo para os veciños do Concello, que xa levan meses formándose no módulo de benestar e asistencia social do obradoiro de emprego Castrelo Náutico ou nos cursos de formación impartidos no último ano como o Curso de Coidadores de Persoas Maiores en Situación de Dependencia no Medio Rural ou o Curso de Formación para asistentes persoais.

O alcalde tamén quixo destacar que esta nova residencia parte do consenso e conta co apoio de todos os concelleiros da corporación.

Seguir lendo

Ampliación e mellora do camiño Troncoso – A Cancela

Continúan no Concello de Castrelo de Miño as obras de mellora de infraestruturas e accesos a viñedos do plan de impulso vitivinícola do Ribeiro 2008-2010.

Apertura, ampliación e mellora do camiño da Cuberta, en Vide.

Comezaron no Concello de Castrelo de Miño as obras de mellora de infraestruturas e accesos a viñedos incluidas dentro do PEIM 2009-2010.