Un almanaque promociona Castrelo de Miño con fotografías de todas as parroquias.

Traballadores do Concello de Castrelo de Miño remataron de repartir nestes días por todas as casas do municipio un almanaque turístico e promocional. As autoridades locais consideran que se trata dunha iniciativa coa que se pretende ‘pór en valor os recursos turísticos e patrimoniais’, segundo apuntou o alcalde Xurxo Rodríguez e tamén promocionar “o comerzo do noso Concello”

O almanaque consta dunha portada, na que se recolle unha fotografía dunha tenda tradicional sita en Santo Estevo, e de 12 fotografías, unha por mes, con imaxes de tódalas las parroquias.

Este é o segundo ano que desde o actual equipo de goberno se leva adiante esta iniciativa. “No 2010 centrámonos nos recursos turísticos e patrimoniais, pero este ano 2011 o que queremos pór en valor son as persoas de Castrelo de Miño, os nosos veciños e veciñas”. Así recóllense en distintos meses fotografías dos equipos deportivos creados nos últimos 2 anos,  os integrantes dos obradoiros de emprego e as obras realizadas, as tendas e no apoio ao comerzo en Castrelo de Miño, a recuperación da Feira mensual, o novo catamarán e as novas zonas de pesca no río Miño ou a agrupación de voluntarios de Castrelo de Miño.

Fases lunares

Ademais, apuntan as autoridades municipais que se puxo especial empeño durante a súa elaboración en reflexar as distintas fases lunares para que os veciños coñezan os momentos óptimos para a realización das diferentes labores do campo. Por outra banda, o rexidor destaca que ‘tamén ten unha función turística e promocional fóra de Castrelo de Miño’, xa que está previsto a súa distribución en feiras’.

Pódese acceder a unha versión dixital do almanaque na seguinte ligazón:
Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2011

*

Nesta outra ligazón tamén se pode consultar o do pasado ano 2010:

Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2010

Advertisements

Celebra a “Feliz Novidade!” – Comparte o video turístico promocional de Castrelo de Miño.

Para compartir o video difunde o seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=6C-R3Gx9-y8

Castrelo en marcha! – Participa na III Marcha a pé de Castrelo de Miño

Xornada educativa e práctica sobre cogumelos o sábado 30 de outubro

Inscríbete na Casa do Concello: Tlf: 988493000 – email: concello@castrelo.org

Gran Feira de Outono en Castrelo de Miño, con degustación de cogumelos e castañas asadas nun grande magosto popular durante toda a mañá da feira.

O concello de Castrelo de Miño abriu as básculas municipais para a vendima

O concello de Castrelo de Miño dispón de dúas básculas de grande tonelaxe que están abertas durante todo o ano para operacións de peso e tara, pero que nas datas da vendima abre todos os días cun horario determinado e ampliado.

Este horario de apertura comezou o pasado venres 17 de setembro e manterase até que remate a vendima deste ano. O horario de apertura é o seguinte: de 9:00 a 13:00 horas e de 16.30 a 20.30 horas todos os días da semana. As básculas están situadas en Astariz (frente ao colexio público) e en Santa María (na entrada á presa).

Con estas básculas e este horario ampliado o concello de Castrelo de Miño pretende facilitarlle as labores de vendima aos viticultores e empresas que demandan este servizo.

Na feira de agosto ven coñecer o catamarán de Castrelo