O concello de Castrelo de Miño abriu as básculas municipais para a vendima

O concello de Castrelo de Miño dispón de dúas básculas de grande tonelaxe que están abertas durante todo o ano para operacións de peso e tara, pero que nas datas da vendima abre todos os días cun horario determinado e ampliado.

Este horario de apertura comezou o pasado venres 17 de setembro e manterase até que remate a vendima deste ano. O horario de apertura é o seguinte: de 9:00 a 13:00 horas e de 16.30 a 20.30 horas todos os días da semana. As básculas están situadas en Astariz (frente ao colexio público) e en Santa María (na entrada á presa).

Con estas básculas e este horario ampliado o concello de Castrelo de Miño pretende facilitarlle as labores de vendima aos viticultores e empresas que demandan este servizo.

Advertisements

A produtora Xamalú filmes está gravando en Castrelo de Miño parte do documental “Vidas virtuais – Granxeiros virtuais”

A produtora Xamalú filmes durante esta semana está realizando diversas gravacións en Castrelo de Miño para o seu documental “Vidas virtuais – Granxeiros virtuais”.

Esta mañá estiveron realizando unha entrevista ao alcalde de Castrelo de Miño para informarse sobre o primeiro encontro de granxeiros virtuais que se realizou no mes de decembro de 2009 no noso concello e a interacción cos labregos que venden os seus produtos de horta na feira mensual do concello, e sobre as redes sociais e a implantación da rede inarámica municipal de banda ancha de Castrelo de Miño.

Nos vindeiros días continuarán as gravacións a granxeiros virtuais e aproveitando as datas da vendima a labregos e viticultores de Castrelo de Miño.

Continúan as obras da nova ponte de Castrelo e a mellora dos accesos.

Continúan os traballos de mellora dos accesos a Castrelo de Miño, que inclúen a construción dunha nova ponte sobre o río Miño e a reforma das estradas Castrelo de Miño-Ponte Castrelo (OU-402) e Ponte Castrelo-Val de Pereira (OU-403). Estas obras, que suman unha lonxitude de 3,4 quilómetros, supoñen un investimento de 3,9 millóns de euros, incluídas as expropiacións dos terreos necesarios nos termos municipais de Castrelo de Miño e Ribadavia. A actuación máis significativa que se está acomentendo é a construción da nova ponte sobre o Miño, paralela á actual Ponte Castrelo, que unirá Ribadavia e Castrelo de Miño. A nova ponte terá un ancho total de 10,30 metros, con dous carrís de 3,5 metros cada un, o que supón duplicar a anchura da Ponte Castrelo, de apenas 5 metros. Esta nova ponte terá unha lonxitude de 180 metros, repartidos en tres vanos de 50, 80 e 50 metros respectivamente. As dúas pilas que sustentarán a ponte terán unha altura de 25 metros.

Seguir lendo

Curso de Manipulación de Alimentos en Castrelo de Miño.

Apúntate antes do 18 de Marzo no teléfono do Concello: 988493000

Este curso é de grande interese para os veciños e veciñas que participan no mercado de produtos naturais na Feira de Castrelo de  Miño..

A duración do curso será de tres horas.

O concello de Castrelo de Miño continúa realizando investimentos para reducir o gasto enerxético.

Nos vindeiros días vaise proceder á substitución do antigo alumeado no pobo de Barral por un sistema de baixo consumo con xestión computerizada. Esta obra está cofinanciado polo Instituto enerxético de Galicia (INEGA), e o Concello de Castrelo de Miño, cun importe total de 52.873 €.

Anteriormente neste ano 2009 xa se realizaron melloras similiares nas zonas de Prado de Miño, Vide de Miño, Astariz, Casardeita, Fondo de Vila, Meizo e o Couso.

Apróbanse en Pleno os proxectos que se presentarán ao fondo estatal de inversión local

Supoñen un investimento de 353.446 € e o acordo foi adoptado por unanimidade.

No salón de actos da casa do Concello de Castrelo de Miño, sendo as doce horas do día dezaseis de xaneiro dous mil nove, reuniuse a corporación municipal, a fin de celebrar sesión ordinaria. O principal punto da orde do dia era a Aprobación de proxectos para o FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL. Ao Concello de Castrelo de Miño, (Ourense) correspóndelle unha financiación máxima por importe de 353.446,00 €.
A memoria aprobada froito das  reunións mantidas entre todos os grupos políticos municipais inclúe a realización das seguintes obras así como a inversión prevista nas mesmas:

 

1. Extensión da cobertura de TDT no Concello de Castrelo de Miño por importe de 41.600,00 €

2. Dotación dunha rede de telecomunicacións WIMAX ás parroquias e núcleos do Concello de Castrelo de Miño que actualmente non dispoñen do servizo de acceso a banda larga, por importe de 44.180,00 €.


3. Mellora do entorno dos arredores da zona do cruceiro de Macendo, por importe de 52.411,00 €.


4. Mellora do entorno na praza de Astariz por importe de 46.455,00 €.


5. Mellora do entorno na praza da Eira en Prado de Miño por importe de 52.229,00 €.


6. Rehabilitación de Fontes e Lavadoiros Públicos do Concello de Castrelo de Miño. Souto, Troncoso, Parada e Ramiras, por importe de 38.448,00 €.


7. Melloras e reparacións de muros de contención en viais de titularidade municipal, por importe de 21.920,00 €.


8. Traballos de melloras urxentes, xestión e reducción do gasto enerxético do alumeado público, por importe de 56.300,00 €

 

 

O Conselleiro de Innovación e Industria visita Castrelo de Miño este vindeiro luns 8 de setembro

O Conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco acompañado pola Directora Xeral de Promoción Industrial, Dona Helena Veiguela visitan o Concello de Castrelo de Miño este luns 8 de setembro co gallo da Inauguración da Rede Inarámica Municipal de banda ancha de acceso a internet, Castrelo.net

O acto de inauguración terá lugar no salón de actos do complexo de turismo náutico ás 11:00 horas da mañá. Posteriormente realizarán unha visita á Aula de Dinamización da Sociedade da Información sita no mesmo complexo de turismo náutico.