BANDO 7/2011: PROGRAMA LECER E BENESTAR.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que a Dirección xeral de Dependencia e Autonómia Persoal convocou unha nova edición do PROGRAMA LECER E BENESTAR, ofertase a modalidade de Balnearios coas opcións de “todo incluído” e “ só termal”, a modalidade de Intercambio con Portugal e a modalidade de Praia na Residencia de tempo libre Panxón.

Como novidades salientar as seguintes:

– En todas as modalidades e opcións o custo integro do desplazamento dende o domicilio do participante ata o destino adxudicado será pola conta dos beneficiarios, agás no caso de Portugal

– Nas solicitudes inviduais en vez de informe médico incorporase unha declaración responsable do solicitante, conxuxe ou acompañante, no que reflecten as condicions de saúde nas que se atopan para asistir ó Programa.

– Ademais de participar no programa mediante solicitude individual, ofértase a oportunidade de que persoas maiores ou discapacitadas poidan pasar en grupo , tres dias (duas noites) nun balneario ou nun camping.

– Resérvanse 40 prazas gratuítas en calquera das modalidades para persoas que acrediten atoparse en situacións de precariedade económica.

É de resaltar que na modalidade de Balnearios existen dúas opcións:

– A de “todo incluído”, que comprende os servizos de transporte, aloxamento e manutención, tratamento termal, actividades de animación sociocultural e póliza colectiva de seguros (nesta quenda reservanse 30 prazas para matrimonios que cumpren as vodas de ouro no ano en curso,que abonarán o 50% do prezo establecido da estadía).

– A de “só tratamento termal”, que comprende exclusivamente este servizo. Esta opción facilítalle ás persoas que poidan efectuar o desprazamento pola súa conta a posibilidade de gozar dos beneficios terapéuticos das augas termais da súa localidade a un prezo moi asequible.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de abril.

Para obter máis información ou cursar a solicitude os interesados poden dirixirse ó departamento de servizos sociais do concello, os luns, martes e venres.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

BANDO 6/2011: AXUDAS A DEPENDENTES PARA FACILITAR A AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que o pasado 28 de febreiro de 2011, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº40, a Orde do 17 de febreiro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e á accesibilidade e se procede á súa convocatoria.

Esta orde ten como finalidade colaborar en determinados gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2011, destinados a:

1. Apoiar a persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.

2. Facilitar as adaptacións funcionais do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda que contribúan a mellorar a autonomía persoal e a previr situacións de dependencia maiores, así como mellorar a súa accesibilidade.

3. Adquisición de próteses dentais e audífonos co obxecto de compensar as limitacións funcionais.

Serán beneficiarios desta resolución:

1. Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia polo órgano de valoración da dependencia, nos seguintes graos e niveis:

  • Grao III, niveis 1 e 2.
  • Grao II, niveis 1 e 2.

2. Persoas que teñan solicitado o recoñecemento da súa situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta convocatoria, quedando condicionada a percepción da axuda a que lles sexa recoñecida a situación de dependencia en calquera dos graos e niveis anteriores.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de mazo de 2011.

Para obter máis información ou cursar a solicitude os interesados poden dirixirse ó departamento de servizos sociais do concello, os luns, martes e venres.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Inscríbete no taller de estimulación da memoria que comezará o vindeiro 10 de xaneiro

Celebra a “Feliz Novidade!” – Comparte o video turístico promocional de Castrelo de Miño.

Para compartir o video difunde o seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=6C-R3Gx9-y8

BANDO 44/2010: PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que dirixido a persoas maiores que valéndose por si mesmas e contando con escasos recursos económicos, non teñan con quen pasar este Nadal, a Dirección xeral da Dependencia e Autonómia Persoal organiza o Programa “Xuntos polo Nadal”.

Este programa é totalmente gratuíto, vaise denenvolver dende o día 24 de decembro de 2010 pola maña, ata o 1 de xaneiro de 2011, pola tarde, nas Residencias de Tempo Libre dependentes da Consellería de traballo e Benestar.

Os participantes aloxaranse, en habitacións compartidas, na residencia de Tempo libre de Panxón.

Para solicitalo dirixirse ós servizos sociais do Concello de Castrelo de Miño antes do 30 de novembro de 2010.

O que se fai público para xeral coñecemento.

BANDO 43/2010: PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que para dar resposta á necesidade de dispor dun tempo de descanso para as persoas que están desempeñando a función de coidadores de persoas dependentes, dende a Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal estase a dar un impulso ó Programa de Respiro familiar,co fin de garantir que todas aquelas persoas que están sendo atendidas no seu domicilio por coidadores poidan acceder temporalmente, mediante estadías de fin de semana ou quincenais, a unha praza nun centro residencial para persoas en situación de dependencia.

A consellería de Traballo e Benestar para facilitar o acceso a este Programa faise cargo do 55% do custo da praza establecida para ambas modalidades de tal xeito que a achega do usuario de estadía quincenal é de 315 € por praza e no caso de facer uso dunha estadía de fin de semana completo de 54 € por praza. Para aquelas persoas solicitantes de estadía quincenal que acrediten unha situación económica que non lles permita facer a achega establecida contemplase a posibilidade de beneficiarse deste tipo de estadía de xeito gratuíto.

Para mais información dirixirse ós Servizos Sociais do Concello de Castrelo de Miño

O que se fai público para xeral coñecemento.

Castrelo en marcha! – Participa na III Marcha a pé de Castrelo de Miño