Un almanaque promociona Castrelo de Miño con fotografías de todas as parroquias.

Traballadores do Concello de Castrelo de Miño remataron de repartir nestes días por todas as casas do municipio un almanaque turístico e promocional. As autoridades locais consideran que se trata dunha iniciativa coa que se pretende ‘pór en valor os recursos turísticos e patrimoniais’, segundo apuntou o alcalde Xurxo Rodríguez e tamén promocionar “o comerzo do noso Concello”

O almanaque consta dunha portada, na que se recolle unha fotografía dunha tenda tradicional sita en Santo Estevo, e de 12 fotografías, unha por mes, con imaxes de tódalas las parroquias.

Este é o segundo ano que desde o actual equipo de goberno se leva adiante esta iniciativa. “No 2010 centrámonos nos recursos turísticos e patrimoniais, pero este ano 2011 o que queremos pór en valor son as persoas de Castrelo de Miño, os nosos veciños e veciñas”. Así recóllense en distintos meses fotografías dos equipos deportivos creados nos últimos 2 anos,  os integrantes dos obradoiros de emprego e as obras realizadas, as tendas e no apoio ao comerzo en Castrelo de Miño, a recuperación da Feira mensual, o novo catamarán e as novas zonas de pesca no río Miño ou a agrupación de voluntarios de Castrelo de Miño.

Fases lunares

Ademais, apuntan as autoridades municipais que se puxo especial empeño durante a súa elaboración en reflexar as distintas fases lunares para que os veciños coñezan os momentos óptimos para a realización das diferentes labores do campo. Por outra banda, o rexidor destaca que ‘tamén ten unha función turística e promocional fóra de Castrelo de Miño’, xa que está previsto a súa distribución en feiras’.

Pódese acceder a unha versión dixital do almanaque na seguinte ligazón:
Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2011

*

Nesta outra ligazón tamén se pode consultar o do pasado ano 2010:

Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2010

Advertisements

Celebra a “Feliz Novidade!” – Comparte o video turístico promocional de Castrelo de Miño.

Para compartir o video difunde o seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=6C-R3Gx9-y8

Asiste ás charlas e ás exhibicións que terán lugar este vindeiro sábado 16 de Outubro a partires das 4 da tarde

CURSOS AGASP: Curso práctico na loita contra incendios e do curso de busca e salvamento en montaña e zonas illadas.

O pasado 7 de maio de 2010 e 10 de maio de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 86 e 87, respectivamente a Resolucións do 30 de abril de 2010, da Academia Galega de Seguridade Pública, pola que se convocan o curso práctico na loita contra incendios e o curso de busca e salvamento en montaña e zonas illadas.

Seguir lendo

CURSO DA AGASP: Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais.

O pasado 17 de febreiro 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 32  a Resolución do 9 de febreiro de 2010 pola que se convocan dez cursos  sobre prevención e loita contra incendios urbanos e forestais.

Denominación: Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais.

Horas lectivas: 40.

Modalidade: Presencial.

Obxectivos: dotar os integrantes dos servizos de protección civil dunha formación teórico-práctica que lles facilite a realización das tarefas que teñan encomendadas, adquirindo unha especialización na prevención e loita contra os incendios, tanto urbanos como forestais.

Destinatarios/as: os cursos van dirixidos aos integrantes dos servizos de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia que superasen o curso básico de protección civil.

Desenvolvemento da actividade:

  • Lugar: determinarase en función da localización das solicitudes recibidas.
  • Datas: confirmarase coa suficiente antelación ao seu inicio.
  • Prazo de presentación de solicitudes rematará o 17 de marzo de 2010.

Os interesado en participar e que cumpran os requisitos para realizar o curso poderán achegarse ata as oficinas municipais para cubrir a solicitude de participación.

Curso AGASP: Curso Básico de Protección Civil.

O pasado 26 de xaneiro de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 16 a Resolución do 19 de xaneiro de 2010 , da Academia Galega de Seguridade Pública, pola que se convocan vinte cursos básicos de protección civil.

Denominación: Curso básico de Protección Civil.

Tipo: curso.

Horas lectivas: vinte.

Modalidade: presencial.

Obxectivos: Dotar o persoal voluntario do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, o que se refire o artigo 43.3º da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación básica necesaria para obter a acreditación necesaria para o exercicio da súa función, conforme o establecido no artigo 46.3º desta lei.

Contido: Programa da actividade

  • Módulo I: a protección civil.
  • Módulo II: os riscos, accidentes e autoprotección.
  • Módulo III: loita contra os incendios.
  • Módulo IV: comunicacións.
  • Módulo V: actuacións básicas ante emerxencias médicas.

Destinatarios/as: persoal voluntario de protección civil.

Prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 16 de febreiro de 2010.

Os interesado en participar e que cumpran os requisitos para realizar o curso poderán achegarse ata as oficinas municipais para cubrir a solicitude de participación.

CURSO AGASP: Actualización de primeiros auxilios.

O pasado 29 de setembro 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 191 a Resolución do 22 de setembro de 2009 , da Academia Galega de Seguridade Pública, pola que se convoca unha actividade sobre actualización de primeiros auxilios.

Denominación: actualización de primeiros auxilios.

Tipo: curso.

Horas lectivas: catro.

Modalidade: presencial.

Obxectivos: difundir as novas recomendacións en soporte vital básico. Mellorar o prognóstico da parada cardiorrespiratoria (PCR). Difundir as normas e técnicas de actuación na atención ao paciente dentro das principais situacións de urxencia e emerxencia sanitaria ante as que se poden atopar os membros dos servizos de emerxencia e protección civil.

Contido: o contido do curso de actualización de primeiros auxilios divídese en dúas partes:

-Teoría: (1 hora).

-Práctica: (3 horas). Seguir lendo