Comenza a actividade formativa na Aula de Novas tecnoloxías de Castrelo!

As actividades previstas durante o mes de abril e maio son as seguintes:

 Charla informativa:

Trámites electrónicos (oficina virtual): Six pac, Axencia Tributaria, petición de cita médica a través de Internet, permisos de queima… e todalas aquelas dúbidas que queiras consultar a cerca da aula e a formación

  • Asoc. Penedo da Forca. Prado de Miño. Luns, 18 de Abril. 20:30 a 22:00 horas.
  • Centro Médico de Macendo. Martes 19 de Abril. 20:30 a 22:00 horas.

Curso:

Curso de iniciación a informática, correo electrónico, comunicación en tempo real a través de Internet, e outros recursos web.

Aula de Novas Tecnoloxías. Complexo de Turismo Náutico.

De Luns a Xoves, dende o luns 2 de maio ata o luns 16 de maio en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Para inscriprcións e máis información:

Complexo de Turismo Náutico, s/n. 1º Andar. Castrelo de Miño.

Telf: 988493225. dinamizacastrelo@gmail.com

A Aula de Castrelo de Miño conta co seguinte horario de luns a venres, de 17:00 a 21:00 horas, sendo de 17:00 a 19:00 horario de aula aberta e adicando o horario de 19:00 a 21:00 a accións formativas.

Advertisements

Apertura da Aula de Dinamización TIC

O Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa Rede Cemit  informa do inicio da actividade da Aula de Dinamización da Sociedade da Información o vindeiro Xoves 31 de Marzo do 2011, que  contará co seguinte horario:

De Luns a Venres

de 17:00 a 21:00 horas

O obxetivo da Rede Cemit é ser un elemento vertebrador e camiño de futuro dentro das novas tecnoloxías, que baixo unha estratexia global de coordinación permitirá que todas as persoas interesadas poidan formarse e mellorar os seus coñecementos gratuitamente en diversas áreas como a orientación laboral, as redes sociais, o comercio e a banca electrónica, o lecer, a xestión de empresas, a alfabetización dixital ou a Administración electrónica.

A rede ofrece tres tipos de servizos, que son:

  • Formación gratuíta tanto presencial como online.
  • Actividades de difusión que inclúe charlas e xornadas de divulgación.
  • Aula aberta co fin de que calquera persoa poida usar gratuita e libremente a infraestrutura da rede.

Para máis información:

Complexo de Turismo Náutico, s/n. 1º Andar. Castrelo de Miño.

Telf: 988493225. dinamizacastrelo@gmail.com

A produtora Xamalú filmes está gravando en Castrelo de Miño parte do documental “Vidas virtuais – Granxeiros virtuais”

A produtora Xamalú filmes durante esta semana está realizando diversas gravacións en Castrelo de Miño para o seu documental “Vidas virtuais – Granxeiros virtuais”.

Esta mañá estiveron realizando unha entrevista ao alcalde de Castrelo de Miño para informarse sobre o primeiro encontro de granxeiros virtuais que se realizou no mes de decembro de 2009 no noso concello e a interacción cos labregos que venden os seus produtos de horta na feira mensual do concello, e sobre as redes sociais e a implantación da rede inarámica municipal de banda ancha de Castrelo de Miño.

Nos vindeiros días continuarán as gravacións a granxeiros virtuais e aproveitando as datas da vendima a labregos e viticultores de Castrelo de Miño.

Bando 14/2010: Obradoiros aula de informática do mes de abril.

O Concello de Castrelo de Miño fai saber que se van realizar na aula de dinamización da sociedade da información sita no Complexo de Turismo Náutico os obradoiros informáticos:

AXENCIA TRIBUTARIA:

  • Duración 6 horas.
  • Datas de celebración 28 de abril e 3, 5, 11, 13 e 18 de maio de 2010.
  • Horario en quenda de mañan de 10:30h h a 11:30 h ou en quenda de tarde de 16:00 h a 17:30 h.
  • Programa:
    • Solicitar borrador de declaración da renta
    • Consultar o borrador
    • Rectificar e confirmar o borrador
    • Como pedir o certificado dixital

BUSQUEDA DE EMPREGO:

  • Duración 6 horas
  • Datas de celebración dende o 08/03/10 ata o 24/03/10.
  • Horario en quenda de mañan luns e mércores de 10:30h h a 12:00 h ou en quenda de tarde de 16:00 h a 17:30 h.
  • Programa.
    • Elaborar un currículo e unha carta de presentación empregando o ordenador
    • Identificar distintos portais para a procura de emprego
    • Ppromocionar un currículo empregando ferramentas web
    • Levar a cabo con éxito unha entrevista de seleccion.

Para máis información ou para apuntarse ós obradoiros deberán dirixirse á aula de dinamización (teléfono 988493225) en horario de luns a xoves de 10:30 h a 14 h e de 16 h a 20:30 h e os venres de 9:30 h a 15 h.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Curso de alfabetización dixital

Duración e Lugar do Curso

Aula de Dinamización, Complexo de Turismo Nautico.

De luns a venres do 22 de febreiro ao 5 de marzo de 16:00 a 18:00

O curso ten unha duración total de 20 h, durante dúas semanas.

Obxectivos do Curso:

• Partes fundamentais do computador.

• Como facer un documento de texto en Word, folla de cálculo Excel.

• Uso e manexo de internet:

• Como buscar información.

• Correo electrónico.

• Utilidades de Internet: compras na rede, billetes de transporte, etc.

• Trámites en organismos oficiais na rede: cita médica, vida laboral, certificado dixital etc.

• Lecer en Internet: escoitar a radio, ler prensa, redes sociais.

• Recursos interesantes na rede: sixpac

• e tódas aquelas dúbidas que nos queiras plantexar.


Organiza Solidaridad intergeneracional coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e o Concello de Castrelo de Miño.

Financia: Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar e fondo Social Europeo.

Para información e  inscricións

Tfno :988 477 230

Correo electrónico: p.castro@solidaridadintergeneracional.es

‘Granxeiros virtuais’ cultivarán Castrelo de Miño

O noso Concello convoca o primeiro encontro internacional.

O primeiro encontro de granxeiros virtuais’ de España desenvolverase o próximo 27 de decembro en Castrelo de Miño. Coincidindo coa primeira feira de produtos agrícolas, artesanía e conservas caseiras que o Concello quere instaurar todos os últimos domingos de mes, esta iniciativa pretende conxugar a agricultura real coa virtual, sendo esta unha auténtica revolución mundial dentro das redes sociais. Os Âgranxeiros virtuais’ que o desexen poderán pasar a noite gratis no albergue do municipio.

Si as redes sociais supuxeron nos últimos anos unha auténtica revolución no que ao mundo da comunicación se refire, as denominadas granxas virtuais’ convertéronse nos últimos meses nunha das súas aplicacións estrela.

A través de plataformas como ‘Farmville’, ‘Farm town’ ou Amigos da granxa’, internautas de todo o mundo interactúan mediante a sementa e recolección de colleitas, o coidado de animais ou a decoración das súas singulares explotacións agrícolas. Todo a golpe de ‘click e sen necesidade de mancharse arando a terra ou estar pendente das inclemencias meteorolóxicas ou da presenza de xabaríns que arruínen as plantacións. A medida que o proceso avanza, o granxeiro virtual recibe diñeiro virtual, que reinviste en comprar artigos tamén virtuais para seguir enriquecendo a súa granxa. Así mesmo, pode axudar aos seus ‘veciños virtuais’ fertilizando as súas colleitas ou, mesmo, pode amolalos roubándolles hortalizas maduras.

Seguir lendo

Iniciativa na rede para o Dia das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, de Internet e das Telecomunicacións e da Sociedade da Información ponse en marcha o blog www.blogoteca.com/17demaioencastrelo/

Esta iniciativa que a Rede de Dinamización pon en marcha en Castrelo de Miño para conmemorar esta triple festividade ten como obxectivos “Fomentar” o uso da nosa lingua na rede e “Recopilar” palabras e ditos da nosa lingua xa esquecidos.

Todos os participantes poderán engadir os seus ditos e palabras galegas, podendo ser comentadas entre todos os participantes e sendo elexido ao final a palabra ou dito máis orixinal.

Para introducir as vosas palabras ou ditos, visitade a seguinte web: www.blogoteca.com/17demaioencastrelo/

A data de inicio foi o día 8 de maio,prolongarase até o 31 deste mes. Poderá participar calquer persoa.