Consulta o boletín de información municipal “Castrelo informa”

O Concello de Castrelo de Miño publicou nesta pasada semana o boletín de información municipal Castrelo informa. Foi distribuído en todas as parroquias do concello. Na seguinte ligazón pódese consultar online. Aqueles veciños que estexan interesados en recibir unha copia impresa, poden solicitala nas oficinas municipais ou a través desta mesma web na sección “Contacto”.

Seguir lendo

Advertisements

Un almanaque promociona Castrelo de Miño con fotografías de todas as parroquias.

Traballadores do Concello de Castrelo de Miño remataron de repartir nestes días por todas as casas do municipio un almanaque turístico e promocional. As autoridades locais consideran que se trata dunha iniciativa coa que se pretende ‘pór en valor os recursos turísticos e patrimoniais’, segundo apuntou o alcalde Xurxo Rodríguez e tamén promocionar “o comerzo do noso Concello”

O almanaque consta dunha portada, na que se recolle unha fotografía dunha tenda tradicional sita en Santo Estevo, e de 12 fotografías, unha por mes, con imaxes de tódalas las parroquias.

Este é o segundo ano que desde o actual equipo de goberno se leva adiante esta iniciativa. “No 2010 centrámonos nos recursos turísticos e patrimoniais, pero este ano 2011 o que queremos pór en valor son as persoas de Castrelo de Miño, os nosos veciños e veciñas”. Así recóllense en distintos meses fotografías dos equipos deportivos creados nos últimos 2 anos,  os integrantes dos obradoiros de emprego e as obras realizadas, as tendas e no apoio ao comerzo en Castrelo de Miño, a recuperación da Feira mensual, o novo catamarán e as novas zonas de pesca no río Miño ou a agrupación de voluntarios de Castrelo de Miño.

Fases lunares

Ademais, apuntan as autoridades municipais que se puxo especial empeño durante a súa elaboración en reflexar as distintas fases lunares para que os veciños coñezan os momentos óptimos para a realización das diferentes labores do campo. Por outra banda, o rexidor destaca que ‘tamén ten unha función turística e promocional fóra de Castrelo de Miño’, xa que está previsto a súa distribución en feiras’.

Pódese acceder a unha versión dixital do almanaque na seguinte ligazón:
Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2011

*

Nesta outra ligazón tamén se pode consultar o do pasado ano 2010:

Almanaque de Castrelo de Miño do ano 2010

Celebra a “Feliz Novidade!” – Comparte o video turístico promocional de Castrelo de Miño.

Para compartir o video difunde o seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=6C-R3Gx9-y8

O concello de Castrelo de Miño vai construír unha residencia para maiores

Será unha vivenda comunitaria na que se lle prestará atención a 12 persoas. É a segunda fase do proxecto de atención aos maiores de Castrelo iniciado nesta lexislatura, será financiada con fondos europeos, e situarase en Puxeiros á beira do Centro de Día que actualmente se atopa a piques de finalizar a súa construcción.

As obras desta nova residencia comezarán no vindeiro mes de novembro e constará de dormitorios, espazos comúns, cociña, sala de estar, comedor, almacén, lavanderia, aseos adaptados, zona de administración e incluso disporá dun pequeño apartamento para os coidadores.

Con esta nova residencia e co centro de día tamén se continúan a crear novos postos de traballo para os veciños do Concello, que xa levan meses formándose no módulo de benestar e asistencia social do obradoiro de emprego Castrelo Náutico ou nos cursos de formación impartidos no último ano como o Curso de Coidadores de Persoas Maiores en Situación de Dependencia no Medio Rural ou o Curso de Formación para asistentes persoais.

O alcalde tamén quixo destacar que esta nova residencia parte do consenso e conta co apoio de todos os concelleiros da corporación.

Seguir lendo

Gran éxito de participación na Feira de Castrelo do mes de xaneiro.

Este pasado 31 de xaneiro tivo lugar a segunda edición da feira de Castrelo de Miño. A feira continúa mellorando e nesta ocasión os veciños de veciñas de Castrelo que quixeron vender produtos do noso concello poideron estrear a nova zona comercial cuberta, que se estrenou este domingo 31 de xaneiro. Todos os nenos e moitos adultos disfrutaron dunha “Nova Vivencia” en Castrelo de Miño, e puideron subir a un globo aerostático por primeira vez.

A feira tivo unha grande afluencia de público e comerciantes e unha gran presencia nos medios de comunicación. Unha unidade móbil do programa A Revista da Televisión de Galicia realizou 4 conexións en directo, unha delas no Telexornal Mediodia.

A continuación deixamos os enlaces onde se poden ver os videos, e máis unha ligazón a un álbum fotográfico.

VIDEOS:

Video 1: Presentación do Programa e primeira conexión con Castrelo de Miño.

– Video 2: Conexión en directo con Castrelo de Miño.

Video 3: Conexión en directo con Castrelo de Miño.

Video 4: Conexión en directo con Castrelo de Miño desde o Telexornal.

ALBUM FOTOGRAFICO:

A Feira de Castrelo de Miño do mes de Xaneiro de 2010.

Novas vivencias, voa en globo aerostático en Castrelo de Miño.

O Concello de Castrelo de Miño, vai comezar o vindeiro domingo 31 de xaneiro de 2010, un novo programa dirixido fundamentalmente aos rapaces e rapazas do concello.

Novas Vivencias, é un programa mediante o cal o Concello convida aos cativos do Concello, a vivir novas experiencias que nunca antes se poideron disfrutar en Castrelo de Miño.

A primeira delas terá lugar no Parque Náutico, coincidindo coa Feira de Castrelo de Miño. Os rapaces poderán voar por primeira vez en globo aerostático.

Nestes días foilles chegando a todos unha carta do Concello de Castrelo de Miño onde os convidan a asistir, e ter un “nova vivencia”.

Este programa terá continuidade durante  2010, e os máis cativos poderán disfrutar ao longo do ano de novas vivencias e innovadoras experiencias organizadas polo Concello de Castrelo de Miño.

Gran éxito de participación na 1ª Feira de Castrelo de Miño

Despois de máis de 70 anos sin celebrarse, este pasado domingo 27 de decembro de 2009, o Concello de Castrelo de Miño voltou a organizar a Feira de Castrelo.

A participación superou as expectativas da propia organización, e centos de comerciantes, labregos e artesáns de Castrelo de Miño, compradores, “granxeiros virtuais” e visitantes ateigaron o Parque Náutico, que se mostrou como un lugar privilexiado para a organización desta actividade, que a partires de agora e visto o éxito se vai repetir todos os últimos domingos de mes.

Premendo na seguinte fotografía podes acceder ao álbum fotográfico da 1ª Feira de Castrelo de Miño, realizado por Bernardo Villanueva: