BANDO 5/2011: CONVOCATORIA DE AXENTE TIC PARA O CENTRO DE MODERNIZACIÓN E INCLUSION TECNOLOXICA

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER da convocatoria para a contratación dun/a traballador/a en rexime de persoal laboral temporal a media xornada con duración ata o 31 de decembro de 2012, baixo a modalidade de obra ou servizo determinado, para o posto de traballo dun Axente TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) para o Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) do Concello de Castrelo de Miño

O Concello de Castrelo de Miño abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de meritos que será de 5 días naturais contados dende o seguinte ó da publicación do presente anuncio no xornal La Región (05/03/2011). Os/as interesados/as poderán recolle-las bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 15:00 horas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de marzo de 2011.

Celebra a “Feliz Novidade!” – Comparte o video turístico promocional de Castrelo de Miño.

Para compartir o video difunde o seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=6C-R3Gx9-y8

Apúntate á búsqueda do tesouro, este vindeiro domingo 17 de outubro.

Castrelo.net (Rede inarámica municipal de banda larga)

Seguir lendo

Curso de alfabetización dixital

Duración e Lugar do Curso

Aula de Dinamización, Complexo de Turismo Nautico.

De luns a venres do 22 de febreiro ao 5 de marzo de 16:00 a 18:00

O curso ten unha duración total de 20 h, durante dúas semanas.

Obxectivos do Curso:

• Partes fundamentais do computador.

• Como facer un documento de texto en Word, folla de cálculo Excel.

• Uso e manexo de internet:

• Como buscar información.

• Correo electrónico.

• Utilidades de Internet: compras na rede, billetes de transporte, etc.

• Trámites en organismos oficiais na rede: cita médica, vida laboral, certificado dixital etc.

• Lecer en Internet: escoitar a radio, ler prensa, redes sociais.

• Recursos interesantes na rede: sixpac

• e tódas aquelas dúbidas que nos queiras plantexar.


Organiza Solidaridad intergeneracional coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e o Concello de Castrelo de Miño.

Financia: Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar e fondo Social Europeo.

Para información e  inscricións

Tfno :988 477 230

Correo electrónico: p.castro@solidaridadintergeneracional.es

Iniciativa na rede para o Dia das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, de Internet e das Telecomunicacións e da Sociedade da Información ponse en marcha o blog www.blogoteca.com/17demaioencastrelo/

Esta iniciativa que a Rede de Dinamización pon en marcha en Castrelo de Miño para conmemorar esta triple festividade ten como obxectivos “Fomentar” o uso da nosa lingua na rede e “Recopilar” palabras e ditos da nosa lingua xa esquecidos.

Todos os participantes poderán engadir os seus ditos e palabras galegas, podendo ser comentadas entre todos os participantes e sendo elexido ao final a palabra ou dito máis orixinal.

Para introducir as vosas palabras ou ditos, visitade a seguinte web: www.blogoteca.com/17demaioencastrelo/

A data de inicio foi o día 8 de maio,prolongarase até o 31 deste mes. Poderá participar calquer persoa.

Xornada de Impulso Rural das novas tecnoloxías na Aula de Dinamización de Castrelo de Miño

Este mercores 21 de Xaneiro de 2009,  a partires das 10:00 horas terá lugar unha xornada de impulso rural das novas tecnoloxías na Aula de Dinamización do Concello de Castrelo de Miño, sita no complexo de turismo náutico.

Xornada práctica, aberta e gratuita.

impulso-rural-2