ANUNCIO: RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO PARA CONTRATACIÓN LABORAL DUN AXENTE TIC

Anuncio resultado do proceso selectivo para contratación laboral dun axente TIC

Advertisements

Lista definitiva de admitidos para o posto de traballo dun Axente TIC para o Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica.

Lista de admitidos para axente TIC

ANUNCIO: Convocatoria para a contratación dun/ha traballador/a para o posto de traballo de Axente TIC para o Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica do Concello de Castrelo de Miño

Convocatoria para a contratación dun/a traballador/a en rexime de persoal laboral temporal a media xornada con duración ata o 31 de decembro de 2012, baixo a modalidade de obra ou servizo determinado, para o posto de traballo dun Axente TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) para o Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) do Concello de Castrelo de Miño

O Concello de Castrelo de Miño abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de meritos que será de 5 días naturais contados dende o seguinte ó da publicación do presente anuncio no xornal La Región. Os/as interesados/as poderán recolle-las bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 15:00 horas.

En Castrelo de Miño a 4 de marzo de 2011.
O Alcalde
Asdo. Xurxo Rodríguez Méndez

CONSULTAR AS BASES NA SEGUINTE LIGAZÓN: BASES AXENTE TIC CENTRO CEMIT CASTRELO

O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES REMATA O: XOVES 10 DE MARZO DE 2011

 

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL POLO FALECEMENTO DO CONCELLEIRO D. MANUEL CASTRO OTERO

O Concello de Castrelo de Miño, a través do seu alcalde e dos concelleiros de todos os grupos políticos municipais nel representados, e reunidos en Sesión Plenaria con carácter extraordinario urxente no día de hoxe, a data de 24 de setembro de 2010, fai pública conxunta e unanimemente a seguinte DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Seguir lendo

O concello de Castrelo de Miño abriu as básculas municipais para a vendima

O concello de Castrelo de Miño dispón de dúas básculas de grande tonelaxe que están abertas durante todo o ano para operacións de peso e tara, pero que nas datas da vendima abre todos os días cun horario determinado e ampliado.

Este horario de apertura comezou o pasado venres 17 de setembro e manterase até que remate a vendima deste ano. O horario de apertura é o seguinte: de 9:00 a 13:00 horas e de 16.30 a 20.30 horas todos os días da semana. As básculas están situadas en Astariz (frente ao colexio público) e en Santa María (na entrada á presa).

Con estas básculas e este horario ampliado o concello de Castrelo de Miño pretende facilitarlle as labores de vendima aos viticultores e empresas que demandan este servizo.

Súbete ao Noitebús de Castrelo.

O Concello de Castrelo en colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade vai comezar o vindeiro sábado 28 de Novembro o servizo de Noitebús. Todos os sábados á noite, un autobús percorrerá todos os núcleos de poboación de Castrelo de Miño e achegará, en dúas rutas, aos veciños e veciñas interesados en ir pasar a noite de diversión a Ourense ou Ribadavia, sin preocupacións, comodamente e con seguridade.

A ruta a Ribadavia, sairá de Troncoso ás 21:00 horas, e chegará ata o Castelo. Retornará a Castrelo ás 04:00 horas da madrugada.

A ruta a Ourense, sairá da Carixa ás 23:00 horas, e chegará ata o Parque de San Lázaro. Retornará a Castrelo de Miño ás 06:00 horas da madrugada.

 

Actividades educativas para nenos.

O concello de Castrelo de Miño, cofinanciado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, está organizando un Programa de Apertura de Centros Educativos fora do horario escolar co cal queremos ampliar os servizos que oferta o concello.

Nesta ocasión pensamos nos mais pequenos do concello e queremos motivalos a que realicen actividades saudables, actividades de habilidades persoais e actividades de apoio á mellora do éxito escolar.

As actividades estarán supervisadas por un monitor e adaptadas ás idades de cada grupo de participantes e, dependendo do número de nenos que participen nas actividades, organizaríanse distintos grupos en varias parroquias do concello.

As actividades comezaríanse a desenvolver o vindeiro 10 de agosto e é necesario que os pais interesados en que os seus fillos participen acheguen debidamente cumprimentada e firmada ás oficinas municipais a solicitude de autorización que se adxunta a maior brevidade posible. Seguir lendo