CURSOS AGASP: Curso práctico na loita contra incendios e do curso de busca e salvamento en montaña e zonas illadas.

O pasado 7 de maio de 2010 e 10 de maio de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 86 e 87, respectivamente a Resolucións do 30 de abril de 2010, da Academia Galega de Seguridade Pública, pola que se convocan o curso práctico na loita contra incendios e o curso de busca e salvamento en montaña e zonas illadas.

Denominación: Curso práctico na loita contra incendios

Tipo: curso práctico.

Horas lectivas: 20.

Modalidade: presencial.

Obxectivos: Dotar o persoal voluntario do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, o que se refire o artigo 43.3º da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación básica necesaria para obter a acreditación necesaria para o exercicio da súa función, conforme o establecido no artigo 46.3º desta lei.

Contido:

1. Equipos de protección térmica

2. Extinción de incendios clase A-B

3. Manexo de equipos ERA

4. Rede contra incendios:

a. Conexión/desconexión; tendido/pregado.

b. Construción de liñas de extinción con mangueiras de diferentes tipos e diámetros, liñas de distribución, protección e ventilación. Montaxe de diferentes sistemas de xeración de espuma. Manexo de diferentes clases de espumóxeno, con indicación das súas vantaxes e inconvenientes.

c. Prácticas estáticas con presión de auga, e adestramento na composición de equipos de extinción.

5. Módulo de igualdade de oportunidade

Destinatarios/as: persoal voluntario de protección civil.

Prazo para a presentación de solicitudes rematará o día30 de maio de 2010.

Requisitos: ter realizado o curso básico de protección civil e o curso sobre prevención e loita contra incendios urbanos e forestais antes de rematar o prazo de finalización de presentación de solicitudes.

Denominación: Busca e salvamento en montaña e zonas illadas.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 25.

Modalidade: presencial.

Obxectivos: Dotar o persoal voluntario do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, o que se refire o artigo 43.3º da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación básica necesaria para obter a acreditación necesaria para o exercicio da súa función, conforme o establecido no artigo 46.3º desta lei.

Contido:

  • Xeneralidades.
  • Coordinación do socorro.
  • Protocolos de busca. Distribución de tarefas.
  • Orografía e cartografía.
  • Lectura e interpretación de mapas.
  • Principios básicos de orientación e utilización do compás.
  • Métodos de busca de persoas desaparecidas.
  • Busca en situacións especiais.
  • Técnicas de busca e salvamento en zonas de difícil acceso.
  • Axentes agresores na montaña.
  • Actuacións en situacións de risco vital.
  • Técnicas de inmobilización e traslado con medios convencionais e improvisados.
  • Consellos prácticos para a prevención de accidentes.

Destinatarios/as: persoal voluntario de protección civil.

Prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 30 de maio de 2010.

Requisitos: ter realizado o curso básico de protección civil.

Os interesado en participar e que cumpran os requisitos para realizar o curso poderán achegarse ata as oficinas municipais para cubrir a solicitude de participación.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: