I xuntanza de enduro en Castrelo de Miño, o vindeiro domingo 24 de abril

Advertisements

BANDO 11/2011: BOLSA DE PRÁCTICAS PARA ESTUDANTES

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que o Concello de Castrelo de Miño asinou convenios de cooperación educativa coas universidades galegas e con distintas entidades educativas e formativas para a realización de prácticas preprofesinais, co fin de facilitar a preparación para o exercizo profesional dos estudantes que cumpran algún dos seguintes requisitos:

A.) ESTUDANTES UNIVERSITARIOS :

 Matriculados en calquera das tres universidades galegas que teñan alomenos o 50% dos créditos da súa titulación superados.

B.) TITULADOS UNIVERSITARIOS:

 Ter menos de 31 anos.

 Ter finalizado os estudos nos derradeiros tres anos.

 Non ter realizado traballo remunerado relacionado coa titulación.

C.) ESTUDANTES DE FORMACIÓN PROFESIONAL E CICLOS FORMATIVOS:

 Realizando estudos de formación profesional ou ciclos formativos e interesados en realizar as prácticas no concello de Castrelo de Miño.

Os estudantes interesados en participar e que cumpran os requisitos deben solicitalo no Concello para facer as xestións oportunas.

Neste ámbito, a axente de emprego e desenvolvemento local do concello está á súa enteira disposición nas oficinas municipais para atender as solicitudes ou calquera dúbida que lles poida xurdir.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Castrelo de Miño 30 de marzo de 2011.

BANDO 10/2011: BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que para a cobertura de postos de traballo que xurdirán no Concello, créase unha bolsa de emprego municipal para cubrir as necesidades puntuais de contratación de persoal por parte desta administración.

A bolsa de traballo municipal permitirá facilitar o acceso ao mercado laboral de todas aquelas persoas que se atopen en situación de desemprego ou desexen mellorar a súa situación laboral.

Os aspirantes deberán ser maiores de 16 anos e contar coa titulación ou experiencia requirida para cada unha das prazas a cubrir.

Nestes intres interesan especialmente os seguintes perfís, por ser os vindeiros postos de traballo a cubrir nesta administración:

  • Limpeza e acondicionamento de viais, redes de saneamento e abastecemento e demais oficios.
  • Servizos sociais: auxiliares de xeriatría, axuda no fogar, cuidado de persoas maiores…
  • Piscinas municipais: limpeza, portería, mantemento, socorrismo acuático…
  • Monitores de ocio e tempo libre e actividades educativas.
  • Desempregados ou traballadores con outros perfís profesionais poderán igualmente inscribirse e serán informados no momento da convocatoria de novos postos de traballo.

Os interesados poderán inscribirse nas oficinas municipais. Se ben admitaranse solicitudes todo o ano, en cada convocatoria só se terán en conta as presentadas ata a data desa convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na bolsa de emprego municipal abrirase o 31 de marzo de 2011, en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas nas oficinas municipais.

Neste ámbito, a axente de emprego e desenvolvemento local do concello está á súa enteira disposición nas oficinas municipais para atender as solicitudes ou calquera dúbida que lles poida xurdir.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Castrelo de Miño 30 de marzo de 2011.

BANDO 9/2011: SOLICITUDE DE PERMISOS DE QUEIMA

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que para acadar a autorización de queima ademais de dirixirse ó teléfono 012, tamén poderán solicitalo na paxina web da conselleria de medio rural http://mediorural.xunta.es/

O que se fai público para xeral coñecemento.

Castrelo de Miño 30 de marzo de 2011

Apertura da Aula de Dinamización TIC

O Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa Rede Cemit  informa do inicio da actividade da Aula de Dinamización da Sociedade da Información o vindeiro Xoves 31 de Marzo do 2011, que  contará co seguinte horario:

De Luns a Venres

de 17:00 a 21:00 horas

O obxetivo da Rede Cemit é ser un elemento vertebrador e camiño de futuro dentro das novas tecnoloxías, que baixo unha estratexia global de coordinación permitirá que todas as persoas interesadas poidan formarse e mellorar os seus coñecementos gratuitamente en diversas áreas como a orientación laboral, as redes sociais, o comercio e a banca electrónica, o lecer, a xestión de empresas, a alfabetización dixital ou a Administración electrónica.

A rede ofrece tres tipos de servizos, que son:

  • Formación gratuíta tanto presencial como online.
  • Actividades de difusión que inclúe charlas e xornadas de divulgación.
  • Aula aberta co fin de que calquera persoa poida usar gratuita e libremente a infraestrutura da rede.

Para máis información:

Complexo de Turismo Náutico, s/n. 1º Andar. Castrelo de Miño.

Telf: 988493225. dinamizacastrelo@gmail.com

BANDO 8/2011: AXUDAS PARA REHABILITACIÓN E RECONSTRUCIÓN DE VIVENDAS E PARA REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicou o Decreto 44/2011 polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago (DOG núm 58, de 23 de marzo de 2011).

Para poder ser beneficiario da subvención económica que con carácter anual publicará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas será REQUISITO INDISPENSABLE ESTAR EN POSESIÓN DA CUALIFICACIÓN DEFINITIVA.

O día 24 de marzo abriuse o prazo para obter dita cualificación definitiva, este prazo permanecerá aberto todo o ano.

Para atender calquera dúbida ou consulta que lle poida xurdir en relación con este programa de axudas e proporcionarlle a colaboración necesaria na tramitación das solicitudes que poida presentar pode dirixirse as oficinas municipais en horario de atención ao público.

O que se fai público para xeral coñecemento.

 

 

Hoxe luns no programa “Xiz” de “V televisión” os alunos do colexio de Castrelo de Miño concursan contra o San Marcos de Cartelle

Hoxe luns 28 de marzo ás 20.15 horas, no programa Xiz de V Televisión terá lugar a primeira eliminatoria desta semana do concurso dos colexios galegos onde se enfrontarán dous da provincia de Ourense. Samuel Erbén e José Álvarez do San Marcos de Cartelle concursarán contra Ismael Rodríguez e Lucas Hermida, representantes do de Castrelo de Miño.