BANDO 10/2011: BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que para a cobertura de postos de traballo que xurdirán no Concello, créase unha bolsa de emprego municipal para cubrir as necesidades puntuais de contratación de persoal por parte desta administración.

A bolsa de traballo municipal permitirá facilitar o acceso ao mercado laboral de todas aquelas persoas que se atopen en situación de desemprego ou desexen mellorar a súa situación laboral.

Os aspirantes deberán ser maiores de 16 anos e contar coa titulación ou experiencia requirida para cada unha das prazas a cubrir.

Nestes intres interesan especialmente os seguintes perfís, por ser os vindeiros postos de traballo a cubrir nesta administración:

  • Limpeza e acondicionamento de viais, redes de saneamento e abastecemento e demais oficios.
  • Servizos sociais: auxiliares de xeriatría, axuda no fogar, cuidado de persoas maiores…
  • Piscinas municipais: limpeza, portería, mantemento, socorrismo acuático…
  • Monitores de ocio e tempo libre e actividades educativas.
  • Desempregados ou traballadores con outros perfís profesionais poderán igualmente inscribirse e serán informados no momento da convocatoria de novos postos de traballo.

Os interesados poderán inscribirse nas oficinas municipais. Se ben admitaranse solicitudes todo o ano, en cada convocatoria só se terán en conta as presentadas ata a data desa convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na bolsa de emprego municipal abrirase o 31 de marzo de 2011, en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas nas oficinas municipais.

Neste ámbito, a axente de emprego e desenvolvemento local do concello está á súa enteira disposición nas oficinas municipais para atender as solicitudes ou calquera dúbida que lles poida xurdir.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Castrelo de Miño 30 de marzo de 2011.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: