“Ollar Castrelo: Álbum fotográfico do concello de Castrelo de Miño”, xa ten os seus premiados/as.

A Aula de Dinamización da SI do concello de Castrelo de Miño publica hoxe na web do concello, no apartado Ollar Castrelo a listaxe de participantes e gañadores/as do concurso ” Ollar Castrelo: Álbum fotográfico do Concello de Castrelo de Miño”

O Concello de Castrelo de Miño e a a Rede de Dinamización da Sociedade da Información promoviu este concurso co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, que coincidiu tamén co Día Mundial de Internet, e convidou  a tódolos/as  veciños e veciñas do concello e a toda persoa que tivera  imaxes do mesmo a elaborar un álbum fotográfico de Castrelo de Miño.

A través desta iniciativa, a Aula de Dinamización da SI pretende unificar o uso das novas tecnoloxías co emprego e fomento do idioma galego e ao mesmo tempo dar a coñecer e aumentar a presenza do concello na internet, a  través de imaxes realizadas polos cidadáns, que serán expostas na web do concello.

Dende esta aula , estase a traballar na elaboración dun Álbum fotográfico que conteña tódalas imaxes que xenera a aula e as imaxes do concello recollidas pola dinamizadora a través dos usuarios. Podes ver xa algunhas destas na seguinte ligazón: Álbum da Aula de Dinamización da SI de Castrelo de Miño.

Con esta iniciativa, inagurase a creación do Mapa emocional da memoria de Castrelo de Miño, iniciativa que se fará pública nas vindeiras semanas. Para ver un avance de dita iniciativa, nos esquezas visitarnos neste mapa.

Gracias a todos e todas por participar neste concurso

e ofrecer a vosa persoal visión do concello!

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: