Concurso OLLAR CASTRELO ALBUM FOTOGRáFICO DO Concello de Castrelo de Miño

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, coa colaboración do Concello de Castrelo de Miño promove esta iniciativa co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, que coincide tamén co Día Mundial de Internet, e convida a tódolos veciños do concello e toda persoa que conteña imaxes do mesmo a elaborar un álbum fotográfico de Castrelo de Miño.

A través desta iniciativa pretendemos unificar o uso das novas tecnoloxías co emprego e fomento do idioma galego e ao mesmo tempo dar a coñecer e aumentar a presenza do concello na internet, través de imaxes realizadas polos cidadáns, que serán expostas na web do Concello: http://www.castrelo.org

QUE É?

A web do Concello de Castrelo de Miño, contén unha páxina onde se poden ver unhas imaxes do concello, e dende a creación da web, é un dos espazos máis vistados da web, a pesar do seu escaso contido ata o momento, polo que dende a Aula de Dinamización da Sociedade da Información, convidamote a amosar a todolos navegantes de Internet, as diferentes imaxes de Castrelo de Miño.

COMO PARTICIPAR NESTA INICIATIVA?

Se posúes fotografías de Castrelo de Miño, parroquias e arredores, que desexas ensinar na web, tanto en formato dixital como en papel, actual ou antiga.

Podes participar no concurso cunha única imaxe!

Fai chegar as túas fotos en persoa, visita a nosa Aula, ou ben podes achegar as imaxes e os teus comentarios, a través do correo electronico: ollar@castrelo.org, e non esquezades:

de deixar constancia do voso nome, apelidos, nº de teléfono, e engadir un titulo á cada fotografía, así como o comentario que consideredes.

O prazo máximo para a recepción de imaxes é o 27 de maio.

Aviso para blogueiros de Galiza: se tes un blo, no que colgaches algunha vez fotos de Castrelo de Miño, estaríamos encantados de que partipases nesta iniciativa achegandonos dita imaxe, e ademáis agregaríamos o enlace do teu blo ou web a http://www.castrelo.org.

COMO SE SELECCIONA A FOTOGRAFÍA PREMIADA?

O 30 de maio coñeceráse o gañador, que sairá publicado na web do concello.

O xurado estará composto por catro membros do concello e teráse en conta a beleza da imaxe, así como criterios de orixinalidade e representatividade do concello.

O xurado fará a elección da fotografía sen ter coñecemento do autor da mesma, ou da persoa que a envía; tan so coñecera o nome da imaxe, e será a dinamizadora a persoa encargada de desvelar o autor da imaxe premiada.

En ningún momento a dinamizadora intervirá na elección do xurado e comprométese a agochar os datos dos participantes.

As fotos serán expostas na web,co título da fotografía, e o 30 de maio sairá publicada na web o nome do autor da a fotografía premiada, e de dous finalistas.

Será a partir do 3 de xuño, cando tódalas fotografías presentadas ao concurso, teñan agragados os nomes dos autores e así deixar constancia na web das persoas participantes desta iniciativa e dos autores das imaxes que conformaran o album fotográfico de Castrelo de Miño.

CAL É O PREMIO?

Para as dúas imaxes finalistas otorgaráselle unha memoria usb a cada un, e para a imaxe premiada, unha cámara dixital.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: