BANDO 2/2009: AUTOBÚS DA REDE DE DINAMIZACIÓN.

O Concello de Castrelo de Miño fai saber no seu BANDO que a Rede de Dinamización da Sociedade da Información pon en marcha un autobús informativo equipado con computadores e conexión a internet, ao que a xente poderá acceder libremente, e no que se desenvolverán obradoiros, proxectarase vídeos sobre a Rede e tamén repartirán folletos informativos.

O autobús estará estacionado no aparcamento do Complexo de Turismo Náutico o día 7 de febreiro e o programa que ten previsto será o seguinte:

– De 12:00 a 13:00: chegada do bus e reparto de folletos e diversa información.
– De 13:00 a 14:00: presentación da Rede de Dinamización.
– De 14:00 a 15:00: horas de acceso libre ao equipamento do autobús.
– De 16:00 a 16:30: realizarase outra presentación da actividade da Rede.
– De 16:30 a 18:00: tempo de acceso libre ás instalacións do bus.
– De 18:00 a 19:00: desenvolvemento do obradoiro de “Alfabetización dixital: Informática e Internet”.
– De 19:00 a 20:00: presentación da iniciativa Memoria de Muller.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Deixar un comentario