A Dirección Xeral para o Deporte reformará as instalacións do Clube Náutico de Castrelo de Miño

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou hoxe o proxecto que terá un orzamento de 650.000 euros.

marta-souto21

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou hoxe o proxecto de reforma e ampliación das instalacións de titularidade municipal do Club Náutico de Castrelo de Miño que terá un orzamento de 650.000 euros.

Xunto a directora xeral estiveron o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez; o delegado provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Antonio Blanco, e a presidenta do Club Náutico, Beatriz Alberte, quen agradeceu a colaboración da Dirección Xeral para o Deporte para mellorar as súas instalacións, que neste último ano foron utilizadas por 4.000 deportistas.

Pola súa parte, o alcalde recordou que “hai pouco máis dun ano tivemos a primeira visita institucional da directora xeral, na que se comprometeu con carácter de urxencia a facer un pantalán cun orzamento de 130.000 euros, instalación que xa inauguramos no Open das nacións e agora estamos aquí coa presentación deste gran proxecto, que ven complementar as instalacións que xa temos”.

Marta Souto destacou a necesidade de “facer desta infraestrutura natural que temos, o mellor proxecto non só para desenvolver eventos deportivos, senón para ter un lugar de adestramentos”. A directora xeral considerou que “é unha xustiza que chegou, porque se está a traballar moi ben dende o club e dende o Concello, polo que temos que harmonizar o que xa existía e cubrir as necesidades existentes”. Ademais, a máximo responsábel do Deporte Galego anunciou que a Dirección Xeral asinará un convenio co Concello para o mantemento destas instalacións.

O proxecto consiste na reforma e ampliación das instalacións existentes. Construiranse novos vestiarios, aseos, sauna, salas de usos múltiples e amplas oficinas. Tamén se amplía a superficie e altura da nave actual. Ademais, ampliarase a nave para almacén de embarcacións. O orzamento da obra é de 650.000 euros.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: