Publicado en 6 Novembro, 2009 por aedlcastrelo
O Concello de Castrelo de Miño fai saber que redactou o proxecto do Obradoiro de Emprego “Castrelo Náutico” e presentouno á orde de axudas do 30 de decembro de 2008, publicado no DOG Nº 9 de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os programas de obradoiros de emprego na súa convocatoria para o ano 2009.
• QUE SON OS OBRADOIROS DE EMPREGO?:
Os obradoiros de emprego concíbense como programas mixtos de formación e emprego que están dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social. Os obradoiros tamén ofrecen aos seus alumnos orientación e asesoramento laboral, educación compensatoria nos casos de non finalización da ESO, módulos de seguridade e saúde no traballo, de sensibilización medioambiental e de igualdade de xénero.
• A QUEN VAI DIRIXIDO?:
O obradoiro de emprego está destinado a persoas desempregadas maiores de 25 anos. Combinan a formación co emprego e ten unha duración de 12 meses. Os traballadores e traballadoras desta modalidade reciben un salario de 936 euros ao mes.
• O OBRADOIRO DE CASTRELO DE MIÑO: “CASTRELO NÁUTICO”:
O 21 de outubro de 2009 a Consellería de Traballo e Servizos Sociais en escrito dirixido ao alcalde do Concello de Castrelo de Miño comunicáballe que o obradoiro de emprego Castrelo Náutico redactado polo Concello de Castrelo fora aprobado. Os alunos-traballadores que se van ver beneficiados serán un total de 25, repartidos nos 3 módulos, xunto co persoal directivo, administrativo e docente que sexa necesario. O investimento total coa aportación municipal suporá un importe total de 583.405 euros.
O obradoiro de emprego “Castrelo Náutico”, o primeiro obradoiro de emprego que se vai realizar no Concello de Castrelo de Miño, consta de tres módulos: Axuda no Fogar, Servizos Náuticos e Restauración de zonas degradadas e áreas Termais.
Ler máis »
Filed under: Bandos | Deixa un comentario »
Publicado en 5 Novembro, 2009 por castrelo
Do 16 ao 20 de Novembro, de 17:00 a 20:00 horas realizarase un curso sobre “Elaboración de Conservas Vexetais” no Salón de Actos do Albergue do Parque Náutico. As persoas interesadas en asistir deben anotarse antes do 10 de novembro. Este curso está organizado polo SLG. O contido do curso incluirá elaboración de conservas vexetais, salados, encurtidos, marmeladas, xalesas…
Filed under: Formación | Deixa un comentario »
Publicado en 5 Novembro, 2009 por castrelo
Publicado en 5 Novembro, 2009 por castrelo
Publicado en 3 Novembro, 2009 por aedlcastrelo
O Concello de Castrelo de Miño fai saber que por razóns técnicas de mantemento, Union Fenosa procederá ó corte do acceso á Presa de Castrelo de Miño, o próximo mércores , día 4 de novembro do presente ano, entre as 08:00 horas e as 19:00 horas.
A ruta alternativa ou tránsito proposto, é o seguinte:
Acceso desde autovía A-52, con direción a Castrelo de Miño:
Tomar a Ou-406, hasta enlazar coa OU-352, para continuar pola OU-402 hasta destiño. (Sentido inverso para direción Castrelo de Miño pola Autovía A-52.)
O que se fai público para xeral coñecemento.
Filed under: Bandos | Deixa un comentario »
Publicado en 2 Novembro, 2009 por castrelo
Publicado en 1 Novembro, 2009 por castrelo
Publicado en 22 Outubro, 2009 por castrelo
Publicado en 14 Outubro, 2009 por castrelo
O 17 e o 18 de outubro terá lugar a II Edición do Open Internacional Black Bass Galicia 2009, organizado polo clube Pesca Sport Ribeiro.
O sábado 17 de outubro as actividades realizaranse no encoro e nas instalacións do complexo de turismo náutico de Castrelo de Miño.
Máis información e inscricións na web: www.pescaribeiro.es
Filed under: Deporte, Medio Ambiente, Medio Rural, Turismo, Xuventude | Deixa un comentario »
Publicado en 14 Outubro, 2009 por castrelo
O Concello de Castrelo de Miño fai saber no seu BANDO que a empresa Supervisión y Control, S.A., encargada da inspección técnica de vehículos, estará neste concello os días 18 e 19 de novembro co fin de pasa-las inspeccións periódicas ós vehículos agrícolas no lugar e co horario que a continuación se indican:
DÍAS: 18 e 19 de novembro de 2009.
HORARIO: mañá: de 9:00 a 13.30 horas - tarde: de 15:30 a 18 horas. Excepto ó último día, no que o horario será de 9:00 a 13:30h.
LUGAR: Explanada do edificio de turismo náutico.
Asígnarase día e hora de atención ó público, directamente na unidade móbil ou chamando ó teléfono 609.13.99.56.
Cómpre indicar que é preciso que tódolos tractores agrícolas deberán ter incorporado o dispositivo de luz xiratoria (RD 1428/2003), xa que de non o presentar serán rexeitados.
Filed under: Bandos | Deixa un comentario »
Publicado en 14 Outubro, 2009 por castrelo
O Concello de Castrelo de Miño fai saber no seu BANDO que a Mancomunidade, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, vai a desenvolver unhas xornadas de educación para sustentabilidade nos concellos.
Estas xornadas estarán adicadas a impartir conferencias e charlas tendentes a acadar da poboación unha maior concienciación sobre a necesidade dunha axeitada reducción e reutilización do lixo.
No Concello de Castrelo de Miño impartiranse dúas conferencias:
- A primeira no Centro Social de Macendo as 18:00 horas o día 19 de Outubro de 2009.
- A segunda no Complexo turístico do Parque Nautico de Galicia as 20:00 horas o día 19 de Outubro de 2009.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Filed under: Bandos | Deixa un comentario »
Publicado en 14 Outubro, 2009 por castrelo
O Concello de Castrelo de Miño fai saber no seu BANDO que a Aula de Dinamización da Rede de Dinamización da Sociedade da Información sita no segundo andar do edificio do Complexo de Turismo Náutico de Castrelo de Miño vai realizar os seguintes obradoiros:
| Denominación do obradoiro |
Duración |
Datas |
Horario |
| Elaboración do Curriculum co Ordenador |
3 horas |
Do 13/10/2009 o 20/10/2009
|
|
|
Martes e Xoves de 18:00 – 19:00 horas |
|
|
| Elaboración de unha conta de Correo Electrónico |
6 horas |
Do 12/10/2009 o 21/10/2009
|
Luns e Mércores de 18:00 – 19:00 horas
|
| Solicitude de cita médica en internet |
3 horas |
Do 12/10/2009 o 19/10/2009
|
Luns a Mércores de 17:00 – 18:00
|
| Procesador de textos |
6 horas |
Do 16/10/2009 o 06/11/2009
|
Venres de 10:00 – 11:30 horas
|
Para máis información ou para apuntarse ós obradoiros deberán dirixirse á aula de dinamización (teléfono 988493225) en horario de 10.30h a 14.00h e de 16.00h a 20.30 (luns a xoves) e 09.30h a 15.00h (venres).
O que se fai público para xeral coñecemento.
Filed under: Bandos | Deixa un comentario »