Consulta o boletín de información municipal “Castrelo informa”

O Concello de Castrelo de Miño publicou nesta pasada semana o boletín de información municipal Castrelo informa. Foi distribuído en todas as parroquias do concello. Na seguinte ligazón pódese consultar online. Aqueles veciños que estexan interesados en recibir unha copia impresa, poden solicitala nas oficinas municipais ou a través desta mesma web na sección “Contacto”.

Castrelo informa número 1

Nós últimos anos o Concello de Castrelo de Miño fixo unha aposta decidida por unha política de comunicación transparente que chegara a todos os veciños e veciñas de Castrelo.  Cunha intensa publicación de bandos e a súa difusión por todo o concello nos soportes axeitados. Tamén coa publicación desta nova páxina web municipal http://www.castrelo.org onde se recolle toda a información municipal e as iniciativas realizadas, e que conta a día de hoxe con máis de 135.000 visitas. E tamén coa decidida aposta pola difusión da banda larga inarámica de conexión a internet. E por suposto cunha constante colaboración cos medios de comunicación que permitiron dar a coñecer Castrelo e informar a todos os veciños, en prensa, radio, televisión e internet.

O Concello de Castrelo de Miño sabía que este era o camiño axeitado, pero ao mesmo tempo era consciente de que para chegar a todos os lugares do noso concello e a todos os veciños precisábase dunha ferramenta máis de comunicación.Por iso nace este Revista Municipal “Castrelo informa”. A súa única pretensión vai ser o que o seu nome indica: que o Concello informe. Deste xeito convertirase nunha ferramenta igualitaria que a todos informará, dispoñan ou non das canles de comunicación que ofrecen as novas tecnoloxías. E tamén nace “Castrelo informa”  có desexo de que todos os veciños e veciñas coñezan mellor a xestión do seu Concello e poidan participar nela a través das súas suxestións e opinións. Por esa razón inclúe tamén unha sección recortable  onde os veciños poderán achegar as súas proposicións para facerllas chegar ao goberno municipal. Será publicada a partires deste mes cunha periodicidade trimestral e convertirase nunha ferramenta actualizada e operativa, con información laboral, cultural, económica e social ao servizo de todos.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: