Con Cataluña como favorita celébrase este fin de semana a Copa do Rei de Remo en Castrelo de Miño

– A Copa do Rey Cabreiroá foi presentada oficialmente na Deputación de Ourense.
– Confirmada a presenza dos seleccionados de Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Cataluña, Galicia, Madrid, Navarra, Valencia e o País Vasco.
– En total 700 deportistas das categorías cadete, xuvenil e sénior, tanto masculinos coma femininos. O número de botes en competición será de 106.
– As mangas celebraranse o sábado 12 e as finais o domingo 13.

Presentouse na Deputación de Ourense a 23º Copa do Rei Cabreiroá de Remo, que se celebrará no Encoro de Castrelo de Miño este fin de semana, con presenza de 106 botes de remo de banco móbil de dez comunidades autónomas cuns 700 deportistas de elite cadetes, xuvenís e sénior de ambos os dous sexos. No multitudinario acto, que estivo presidido polo Presidente da Deputación, José Luis Baltar e que contou coa presenza do Alcalde de Castrelo, Xurxo Rodríguez estiveron presentes representantes da Federación Española e Galega de Remo, así como do Real Club Náutico de Vigo e do Club Náutico Castrelo de Miño, e dos patrocinadores que fan posible que este importante evento teña lugar en Ourense: Xunta de Galicia, Augas de Cabreiroá, Novacaixagalicia e Begano-Coca Cola.
Confirmouse que na liña de saída estarán uns 700 atletas de toda España, sendo as expedicións máis numerosas as de Cataluña e Andalucía que presentan equipos en todas as categorías: 7 de cadete que competirán en 1500 metros, 6 xuvenís e 6 séniors (ambas as dúas farano en dous mil metros). As embarcacións de maior eslora serán os outrigger a 8 máis temoneiro para os homes e dobre scull para as féminas. A xornada do venres dedicarase aos adestramentos oficiais e inscricións, e o sábado-domingo á competición.

Ao longo das últimas xornadas co apoio do Concello de Castrelo de Miño e o traballo da mariñeiría do Club Náutico e o apoio técnico da Federación e do Náutico de Vigo estívose a traballar na pista de Castrelo, que quedou lista para seis rúas e cunha lonxitude de ata dous mil metros. As probas desenvolveranse en horarios de mañá e tarde para o sábado e soamente de mañá para o domingo. O comezo da primeira xornada será ás 09.30 h do sábado coa primeira eliminatoria de oito máis temoneiro xuvenil masculino, estando previsto que ao fío do mediodía comecen as finais desta mesma categoría.
No que se refire á segunda xornada iniciarase máis cedo (ás 09.00 h.) coa primeira eliminatoria do catro xuvenil masculino, sendo o horario das finais das 10.15 ata as 12.00 da mañá, polo que a previsión é que a Cerimonia de Clausura se celebre á unha da tarde do domingo.
Cos datos de onte, está confirmada a presenza de Cataluña e Andalucía de 22 equipos cada autonomía. Séguelle en número Galicia con 19, Valencia con 17, País Vasco e Cantabria con 11, Asturias con 9, Aragón con 4, Navarra con 2 e Madrid tan só cun. Na última edición o dominio de Cataluña foi abafador con 15 medallas de ouro e 5 de prata, seguíronlle os andaluces con 4 ouro, 3 prata e 9 bronce, sendo a terceira comunidade a Galega con 1 de ouro, 5 de prata e 1 de bronce. Este fin de semana Ourense, Castrelo de Miño, será a capital do remo de banco móbil, de remo olímpico español coa celebración da vixésimo terceira Copa do Rei.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: