Dez institucións públicas e Gas Natural Fenosa, manifestan o seu apoio ao Parque Náutico de Castrelo de Miño e á creación dunha Organización estable para a súa xestión.

Hoxe asinouse o protocolo de apoio e creouse unha Comisión Xestora Permanente que no prazo de 2 meses constituirá unha organización estable na que estarán todos presentes para a xestión do Parque Náutico de Galicia.

Convocados polo alcalde do Concello de Castrelo de Miño Xurxo Rodríguez Méndez a unha xuntanza co motivo de buscar apoios de cara á creación dun ente que xestione e explote as instalacións públicas municipais do Parque Náutico de Galicia sito en Castrelo de Miño, para a promoción das actividades deportivas, turísticas, socioculturais e de ocupación do tempo libre acudiron hoxe a Castrelo de Miño as seguintes institucións, a cuxas sedes centrais acudira anteriormente o alcade para recabar o seu apoio.

Asistiron e asinaron:

D. Plácido Alvarez Dobaño, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense en nome e representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.

D. Mario Guede Fernandez, Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, en nome e representación da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense e da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia actuando en exercicio do seu cargo.

D. Manuel Arias Carral, secretario xeral da Subdelegación del Gobierno de España en Ourense en nome e representación da Subdelegación del Gobierno actuando en exercicio do seu cargo.

D. Agustín Sevilla Briceño, Conselleiro técnico de Presidencia da Confederación Hidrográfica Miño-Sil en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.

D. Alfonso Luengo Alvarez-Santullano, Subdirector General de Infraestruturas deportivas y Administración Económica do Consejo Superior de Deportes en representación deste e actuando en exercicio do seu cargo.

D. Xose Henrique Costas González, vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.

D. Jose Prada Alvarez, Presidente da Federación Galega de Remo en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.

D. Fernando Climent Huerta, Presidente da Federación Española de Remo en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.

D. Luis Pertierra Fernanez, Xefe de Operación Centralizada Unidade Hidráulica Gas Natural Fenosa, en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.

Todas as institucións que participaron, e a empresa Gas Natural – Fenosa que explota a Presa Hidráulica de Castrelo de Miño, teñen interés nas materias obxecto deste manifesto e asinaro o documento de apoio ao Parque Náutico.

O Concello de Castrelo de Miño dispón das seguintes instalacións adicadas ao deporte en xeral e náutico en particular no entorno do Parque Náutico de Galicia:

 Edificio multiusos (albergue, cafetería-restaurante, oficinas, sala de prensa e de reunións…)

 Campo de regatas e pista olímpica de remo de 2.000 metros (única en Galicia e só tres no conxunto do estado español).

 Torre de chegada e de xuíces.

 Pantaláns deportivos de embarque e desembarque para competicións

 Piscinas

 Aseos

 Vestiarios

 Pistas multideportivas

 Naves para embarcacións

 Naves de almacenamento

 Zonas de aparcamento

 Áreas de descanso ao aire libre e cubertas

 Rutas de sendeirismo e paseos fluviais.

A potenciación destas instalacións contribuirían ao fomento do deporte e do turismo no concello, na provincia, na comunidade autónoma galega e no estado español organizando eventos deportivos de ámbito internacional.

Os recursos económicos con que conta o concello de Castrelo de Miño non son suficientes para manter a infraestrutura existente e precisa de recursos económicos e colaboración para poder organizar e manter adecuadamente as instalacións e competicións deportivas, para darlle o impulso, a estabilidade e a continuidade necesaria.

Por todo o dito, os presentes:

1º.- MANIFESTARON O SEU INTERESE NA CONSTITUCIÓN DUNHA ORGANIZACIÓN ESTABLE PARA A XESTIÓN DO PARQUE NÁUTICO DE GALICIA EN CASTRELO DE MIÑO COA FINALIDADE DE FOMENTAR A COOPERACIÓN CO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO PARA A DINAMIZACIÓN DO SEU PARQUE NAUTICO E POTENCIAR O SEU USO DE XEITO COORDINADO E PLANIFICADO.

2º.- PRETÉNDESE DESTE MODO CONTAR CUNHA ORGANIZACIÓN E UN ORZAMENTO ANUAL QUE PERMITAN UN TRABALLO CONTINUO NA MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS, ORGANIZACIÓN DE EVENTOS E ACTIVIDADES, DESENVOLVEMENTO DO DEPORTE, ATRACCIÓN DE PATROCINADORES, COMPETICIÓNS, DEPORTISTAS E TURISTAS QUE CONSOLIDEN O PARQUE NÁUTICO DE GALICIA COMO UN REFERENTE NA PRÁCTICA DOS DEPORTES NÁUTICOS E SIRVA TAMÉN DE ELEMENTO DE ATRACCIÓN, DINAMIZACIÓN E REVITALIZACIÓN ECONÓMICA.

3º.- COMPROMÉTENSE A ADOPTAR NUN PRAZO DE DOUS MESES OS PERTINENTES ACORDOS EN CADA INSTITUCIÓN PARA NOMEAR OS REPRESENTANTES E INDICAR O COMPROMISO ECONÓMICO OU COLABORACIÓN QUE POIDA PRESTAR CADA INSTITUCIÓN NESTA ORGANIZACIÓN PARA CUMPRIR CO OBXECTO DESTA DECLARACIÓN.

4º.- CREASE UNHA COMISIÓN PERMANENTE ENCARGADA DE CUMPRIR ESTES OBXECTIVOS FORMADA POLOS REPRESENTANTES QUE ASINAN ESTE DOCUMENTO.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: