BANDO 47/2010: REPARTO DE SAL POR CAUSA DA XEADA

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que o concello de Castrelo de Miño ofrece desde o 3 de decembro un novo servizo aos seus veciños e inicia un plan de actuación frente ás xeadas e a formación de capas de xeo nas vías municipais, ante as fortes baixadas de temperaturas rexistradas nos últimos anos nestas datas invernais.

Para previr e evitar accidentes nas vías de titularidade municipal que debido ao frío e ás xeadas presentaban problemas de circulación nestas épocas do ano, o Concello dispón dun novo vehículo preparado para esparexer sal nas zonas máis complicadas, así como centos de quilos de sal almacenados nas instalacións municipais.

Traballadores do Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa agrupación de voluntarios de Protección Civil, están a proceder ao reparto de sal naqueles lugares e datas que as prediccións meteorolóxicas indican baixadas da temperatura que supoñan riscos de xeadas e formación de capas de xeos nas vías municipais.

Informase así mesmo, que todos aqueles veciños que observen problemas de xeadas nas vías municipais en determinadas condicións meteorolóxicas que supoñan perigo para os automóbiles e viandantes, poden dirixirse ao seguinte teléfono para comunicar estas incidencias para que o Concello poida realizar no menor tempo posible unha rápida intervención: 988493000.

O que se fai público para xeral coñecemento

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: