BANDO 46/2010: CREACIÓN DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO: “MEMORIA DE CASTRELO DE MIÑO”

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que O Concello de Castrelo de Miño está realizando nestes intres un grande arquivo fotográfico de Castrelo de Miño e de todos os seus veciños, que se vai chamar “Memoria de Castrelo de Miño”.

Todas as fotografías deste arquivo fotográfico publicaranse a comezos de 2011 nunha páxina web especial, e posteriormente seleccionaranse as mellores para imprimir un catálogo especial.

Este arquivo constará de diferentes seccións onde se clasificaran as fotografías segundo sexan retratos, ceremonias, patrimonio, paisaxe, lecer, traballo… Tamén se clasificarán por parroquias e lugares.

Polo tanto precísase da colaboración das veciñas e veciños de todas as parroquias que queiran achegar as súas fotografías antigas e contribuir ao crecemento deste grande arquivo.

Poderanse entregas as fotografías nos seguintes lugares e horarios:

–          Barral (antiga casa do médico) – Os luns de 09:00 a 13:00 horas

–          Macendo (centro social) – Os martes de 09:00 a 13:00 horas

–          Prado de Miño (local asociación O Penedo da Forca)  – Os mércores de 09:00 a 13:00 horas

–          Astariz (Pavillón Municipal) – Os xoves de 09:00 a 13:00 horas

É de interese que se aporte o maior número de datos referentes a fotografía, como por exemplo: o ano e o lugar  en que foi sacada,  quen é o propietario da fotografía, os nomes de quen saen na fotografía,  e calquera outro dato de interese.

Nos lugares e horarios de entrega indicados haberá persoal do concello que colaborará nesta recollida de datos das fotografías.

Tamén se poderán entregar por email no seguinte enderezo electrónico (terán que ter unha resolución mínima de 1280×768) : dinamiza@castrelo.org

Unha vez recopiladas e escaneadas as fotografías, seranlle devoltas aos seus propietarios en perfecto estado de conservación.

O derradeiro día para entregar as fotografías será o 13 de Decembro de 2010.

O arquivo fotografico “Memoria de Castrelo de Miño” pertenceralle a todos os veciños e veciñas de Castrelo de Miño, e por iso vaise construir entre todos.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: