BANDO 45/2010: MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN DE OLEIROS

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que a consellería do Medio Rural, Xefatura Territorial de Ourense remitiu o seguinte edicto:

Edicto do 17 de novembro de 2010, do Xurado Provincial de clasificación de Montes Veciñais en man común de Ourense relativo á iniciación de expente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de “ Oleiros”, a favor dos veciños de “Oleiros”, no concello de Castrelo de Miño, e se abre un período de un mes para a practica de alegacións.

O Xurado Provincial de clasificación de Montes Veciñais en man común de Ourense, en sesión de data 19 de outubro de 2010, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que de seguido se relacionan:

Concello: Castrelo de Miño

Denominacion do monte: “ Comunal de Oleiros”

Comunidade veciñal solicitante: Veciños de Oleiros.

Superficie total: 27.653 m2

MONTE DE OLEIROS

Lindeiros

Norte: Estrada asfaltada inconclusa de Oleiros a Souto e descoñecido.

Sur: Descoñecido

Leste: Descoñecido, estrada asfaltada inconclusa de Oleiros a Souto, pista forestal de Oleiros a Parada e Julio Sousa Álvarez

Oeste: Camiño de servicio forestal e estrada esfaltada inconclusa de Oleiros a Souto

O que se pon en coñecemento de todos os interesados para os efectos de abrir un período de UN MES de duración para que poidan examinar o expediente e alegar durante este tempo o que estimen conveniente así como aportar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 de Decreto 206/1992 de 4 de setembro , polo que se aproba o Regulamento para a execuón da Lei 13/1989, de 10 de outubro, de montes veiñais en man común.

O PRAZO DE EXPOSICION Ó PUBLICO E DENDE Ó 24 DE  NOVEMBRO Ó 24 DE DECEMBRO de 2010

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: