O Concello de Castrelo de Miño adica a Feira de novembro á música cun extraordinario concerto de zanfonas.

O Concello de Castrelo de Miño organiza este 28 de novembro, último domingo de mes a habitual Feira de Castrelo de Miño no entorno do Parque Náutico.

Neste mes de novembro e coincidindo coas celebracións da semana da música (co gallo da celebración da Santa Cecilia, patroa dos músicos), o Concello vai organizar unha grande feira adicada á música, onde todos os visitantes poderán disfrutar mentres mercan dun extraordinario concerto de zanfonas e dunha demostración de cómo é o son das zanfonas actuais, e as tendencias dos zanfoneiros de hoxe. Será a partires das 12h da Mañá na Feira de Castrelo de Miño.

Este concerto extraordinario vaise realizar aproveitando a presencia no Ribeiro de Zanfoneiros e Zanfoneiras de toda Galicia que se van achegar este sábado 27 de Novembro ao Ribeiro con motivo da exposición: “Faustino Santalices. Tradición Musical Galega” que acolle o museo etnolóxico de Ribadavia.

Invitados polos irmáns Felix e Castor Castro, comisarios da exposición, e polo propio museo Etnolóxico de Ribadavia uns 30 zanfonistas alumnos e ex-alumnos en centros onde se imparte a asignatura de zanfona como a eTrad en Vigo, a Escola Livre da MPG, aCentral Folque en Santiago, a Escola Municipal de Música de Narón ou a Aula de Zanfona do Coro Cántigas da Terra de A Coruña, poderán ver de cerca a Zanfona coa que Faustino Santalices grabou o Mítico disco “La Zanfona” no ano 1929, ou as ferramentas coas que realizou o seu traballo de artesán de gaitas e zanfonas.

Esa mesma noite do sábado pernoctarán no albergue municipal sito no Parque Náutico de Castrelo de Miño onde tamén celebrarán unha cea e unha sesión musical improvisada á que están invitados músicos da comarca.

O domingo 28 e invitados polo concello de Castrelo de Miño realizarán un concerto e unha demostración de cómo é o son das zanfonas actuais, e as tendencias dos zanfoneiros de hoxe. Será a partires das 12h da Mañá na Feira de Castrelo de Miño.

E como xa é habitual no recinto feiral haberá:

– máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, Froitas e hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria,

Produtos de alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega…

– 25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño

– festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais

 

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: