BANDO 42/2010: XORNADA INFORMATIVA EN CASTRELO DE MIÑO: AXUDAS E SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA LEADER

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que a asociación de desenvolvemento rural “Asociación Carballiño – Ribeiro”, foi seleccionada como Grupo de Desenvolvemento Rural mediante acordo do Consello de Dirección de Agader do 12 de xuño de 2009. Do GDR-9 “Asociación Carballiño – Ribeiro”, son socios entre outros o Concello de Castrelo de Miño (sendo o propio alcalde Xurxo Rodríguez Méndez Vicepresidente do GDR-9) e moitas asociacións do noso Concello, podendo tamén optar ás axudas as persoas físicas e xurídicas que promovan un proxecto do noso concello.

O programa Leader de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 ten por obxectivo implicar ós diferentes sectores da zona, en proxectos produtivos, coa finalidade de elaborar unha estratexia de desenvolvemento, onde as persoas físicas e xurídicas que promovan un proxecto nas comarcas do Ribeiro e o Carballiño poderán solicitar unha subvención para levalo a cabo.

Co fin de darlle unha ampla información sobre estas axudas, convídoo á xuntanza informativa que terá lugar no

Salón de Actos do Albergue Municipal

sito no Parque Náutico de Castrelo de Miño

o vindeiro venres 19 de novembro de 2010

ás 20:00 horas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: