BANDO 41/2010: CAMPAÑA DE AFORRO NA FACTURA DA LUZ DOS FOGARES

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que o pasado 1 de xullo de 2009, o goberno español puxo en marcha unha serie de medidas en relación coas tarifas eléctricas

1.Mire se a súa potencia contratada é de mais de 10 Kw ou menor; para iso debe consultar a factura.

B) Se ten unha potencia igual ou inferior a 10 kw pode acudir ó mercado libre ou manterse na actual situación, que é a chamada tarifa de último recurso (TUR)que é unha medida que consiste nunha conxelación da tarifa vixente dende o 1 de xullo de 2009 durante dous anos ( é automática e non hai que pedila). A TUR é unha tarifa regulada, e polo tanto, non é de libre fixación polas comercializadoras.A) Se é a súa potencia superior a 10 Kw, ten obrigatoriamente que contratar a subministración de luz cunha empresa comercializadora no mercado libre, xa que se non o fai aplicaranlle unha recarga do 20%.

B.1) se está acollido á TUR pode solicitar o denominado BONO SOCIAL, para ser beneficiario deste bono requirese que a vivenda sexa a habitual e ademais cumprir algún dos seguintes requisitos:

  • Pensionistas con prestacións mínimas.
  • Familias numerosas.
  • Fogares onde todos os seus membros estean en situación de desemprego.
  • Potencia contratada inferior a 3 KW ( neste  caso é automático e non hai que pedilo).

Para solicitar o bono social pode dirixirse ós servizos sociais do Concello de Castrelo de Miño ou dirixirse a comercializadora de enerxía, por correo ordinario, fax ou correo electrónico, tamen poderá solicitalo nas oficinas da distribuidora.

Para mais información pode dirixirse:

– Teléfono gratuíto de Consumo 900 23 11 23

– Oficinas de información ó consumidor da FEGAMP

– Asociacions de Consumidores

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: