O concello de Castrelo de Miño vai construír unha residencia para maiores

Será unha vivenda comunitaria na que se lle prestará atención a 12 persoas. É a segunda fase do proxecto de atención aos maiores de Castrelo iniciado nesta lexislatura, será financiada con fondos europeos, e situarase en Puxeiros á beira do Centro de Día que actualmente se atopa a piques de finalizar a súa construcción.

As obras desta nova residencia comezarán no vindeiro mes de novembro e constará de dormitorios, espazos comúns, cociña, sala de estar, comedor, almacén, lavanderia, aseos adaptados, zona de administración e incluso disporá dun pequeño apartamento para os coidadores.

Con esta nova residencia e co centro de día tamén se continúan a crear novos postos de traballo para os veciños do Concello, que xa levan meses formándose no módulo de benestar e asistencia social do obradoiro de emprego Castrelo Náutico ou nos cursos de formación impartidos no último ano como o Curso de Coidadores de Persoas Maiores en Situación de Dependencia no Medio Rural ou o Curso de Formación para asistentes persoais.

O alcalde tamén quixo destacar que esta nova residencia parte do consenso e conta co apoio de todos os concelleiros da corporación.

O 22 de setembro de 2010 publicábase a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pola que se facía público o resultado do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia do ano 2010. Nesta resolución ao Concello de Castrelo de Miño se lle concedou unha subvención de 174.142 €, que supón o 50,69% do investimento. O alcalde de Castrelo de Miño destacou no Pleno que o proxecto de Castrelo de Miño foi o que recibiu a maior cantidade económica de axuda de toda Galicia da súa categoría . O restante será sufragado con fondos propios do concello. No Pleno realizado no día de hoxe en Castrelo de Miño, foi aprobado por unanimidade o inicio da licitación da obra. O importe da construcción do centro ascenderá a 343.543 €. O centro levantarase nun terreo de propiedade municipal localizado no lugar de Puxeiros, á beira do Centro de Día que está a piques de finalizar a súa construcción e a escasos metros do colexio público de Castrelo de Miño. As previsións son as de ter aberto o centro de día no mes de decembro de 2010, e a residencia a mediados do ano 2011, polo que o alcalde Xurxo Rodríguez Méndez informou que desde os servizos administrativos do Concello unha vez recibida a resolución e aprobado hoxe en pleno se van axilizar o máximo posible nos vindeiros días as xestións que se teñen que realizar para comezar canto antes a súa construcción. Para o alcalde de Castrelo de Miño Xurxo Rodríguez Méndez esta era unha obra necesaria e prioritaria e o complemento ideal para o centro de día, xa que “máis dun 40% dos nosos veciños teñen unha idade superior aos 65 anos, superando a media galega, e precisan urxentemente de cuidados acordes para a súa idade, tamén de noite. Demos o primeiro paso a comezos deste ano coa construcción do centro de día con fondos estatais, e con esta segunda fase financiada con fondos europeos a través de AGADER imos conseguir prolongar a residencia dos nosos maiores no seu propio concello e no seu propio entorno o máximo tempo posible”. No deseño da residencia buscouse que estivera integrada nun entorno vivo e próxima aos servizos sociais e sanitarios, nunha zona con boa comunicación e fáciles accesos. A residencia mantén unha grande similitude cun fogar normal. Realizase nunha única planta e terá un tamaño de 400 m2. O alcalde tamén quixo destacar que esta nova residencia parte do consenso e conta co apoio de todos os concelleiros da corporación.

Con este nova residencia e co centro de día continuaranse creando novos postos de traballo para os veciños do Concello, que xa levan meses formándose no módulo de benestar e asistencia social do obradoiro de emprego Castrelo Náutico e máis nos cursos de formación impartidos no último ano como o Curso de Coidadores de Persoas Maiores en Situación de Dependencia no Medio Rural e o Curso de Formación para asistentes persoais. “Tiñamos moi claro o que precisaba o noso Concello, e estamos conxugando as inversións a realizar coa formación que estamos a ofrecer en Castrelo de Miño, e que vai posibilitar a contratación dos veciños do noso concello” sinalou Xurxo Rodríguez Méndez.

 

Fontes: La Voz de Galicia, La Región, Faro de Vigo

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: