DECLARACIÓN INSTITUCIONAL POLO FALECEMENTO DO CONCELLEIRO D. MANUEL CASTRO OTERO

O Concello de Castrelo de Miño, a través do seu alcalde e dos concelleiros de todos os grupos políticos municipais nel representados, e reunidos en Sesión Plenaria con carácter extraordinario urxente no día de hoxe, a data de 24 de setembro de 2010, fai pública conxunta e unanimemente a seguinte DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

  1. Ante o falecemento de D. Manuel Castro Otero, concelleiro deste Concello de Castrelo de Miño, a Corporación Municipal reunida con carácter solemne e extraordinario, acorda manifestar a súa máis sentida manifestación de duelo por tan sensible perda para este Concello de Castrelo de Miño.
  2. Esta Corporación desexa facer pública que a figura de D. Manuel Castro Otero supón unha perda irreparable para este municipio pola súa proxección pública, a súa adicación aos veciños e veciñas deste concello e polo seu intenso e desinteresado labor que desenvolveu ao longo da súa etapa como concelleiro en Castrelo de Miño entre o 6 de xullo de 2007 e o 23 de setembro de 2010.
  3. Que os grupos políticos representados neste Concello, como representantes lexítimos dos veciños e veciñas deste Concello de Castrelo de Miño, desexan expresar a súa máis sentida perda e, a tales efectos,

ACORDAN:

  1. Que por parte dos membros do Consistorio presentes nesta Sesión Plenaria extraordinaria, gárdese un minuto de silencio en sinal de recoñecemento pola figura de D. Manuel Castro Otero
  2. Ratificar o Decreto de Alcaldía elaborado ao efecto e, neste sentido, como mostra de condolencia declarar dous días de loito e, por tanto,que con carácter público e oficial suspéndanse todos os actos de carácter institucional que teñan lugar durante os días 24 e 25 do presente mes de setembro.
  3. Que ondeen a media hasta as bandeiras no Concello e nos centros oficiais do noso municipio durante os citados días.
  4. Transmitir as condolencias á súa viúva, fillos e familiares.
  5. Transmitir as condolencias ao grupo municipal do PSdG-PSOE, agrupación socialista de Castrelo de Miño e ao secretario xeral do PSdG-PSOE.

Sendo todo iso aprobado por unanimidade da Corporación.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: