Iniciou os servizos o novo catamarán turístico do Concello de Castrelo de Miño

A presentación oficial do catamarán turístico adquirido polo Concello de Castrelo de Miño foi todo un éxito.


Pasadas as catro da tarde de onte, o alcalde, Xurxo Rodríguez, rompía emocionado contra o casco da embarcación unha botella de tres litros deseñada especialmente para a ocasión polo Conselo Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

‘Quixemos xunguir ou significado do termo singladura entre o que é navegar polo río Miño e percorrer o Camiño de Santiago, xa que a colección deste viño corresponde ao Xacobeo 2010’, indicou o rexedor nacionalista. Representantes dos medios de comunicación foron os primeiros en subirse ao barco e realizar unha travesía de 14 quilómetros (ida e volta) nun tempo aproximado de hora e media.

O catamarán, de seis metros de eslora (lonxitude) por 2,5 metros de manga (anchura), axústase á normativa da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, xa que posúe un motor de gasolina que funciona a catro tempos cunha potencia de 50 cabalos fiscais.

Consulta os horarios de navegación e reserva a túa praza.

Fontes: La Region e Facebook

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: