Continúan as obras da nova ponte de Castrelo e a mellora dos accesos.

Continúan os traballos de mellora dos accesos a Castrelo de Miño, que inclúen a construción dunha nova ponte sobre o río Miño e a reforma das estradas Castrelo de Miño-Ponte Castrelo (OU-402) e Ponte Castrelo-Val de Pereira (OU-403). Estas obras, que suman unha lonxitude de 3,4 quilómetros, supoñen un investimento de 3,9 millóns de euros, incluídas as expropiacións dos terreos necesarios nos termos municipais de Castrelo de Miño e Ribadavia. A actuación máis significativa que se está acomentendo é a construción da nova ponte sobre o Miño, paralela á actual Ponte Castrelo, que unirá Ribadavia e Castrelo de Miño. A nova ponte terá un ancho total de 10,30 metros, con dous carrís de 3,5 metros cada un, o que supón duplicar a anchura da Ponte Castrelo, de apenas 5 metros. Esta nova ponte terá unha lonxitude de 180 metros, repartidos en tres vanos de 50, 80 e 50 metros respectivamente. As dúas pilas que sustentarán a ponte terán unha altura de 25 metros.

Canto ás obras de mellora do actual trazado das estradas, estas incluirán pequenos treitos en variante para rectificar algunhas curvas. A actuación supón a mellora e ampliación da estrada Castrelo de Miño-Ponte Castrelo (OU-402) en 1,7 quilómetros nas inmediacións do núcleo do Pazo, comunicando as localidades de Padreiro, A Ponte e Castrelo de Miño ata cruzar o Miño a través da ponte de nova construción. A partires de aí, as obras continuarán pola estrada Ponte Castrelo-Val de Pereira (OU-403) noutros 1,7 quilómetros ata o núcleo de San Paio, nas inmediacións de Val de Pereira.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: