Fin prazo de axudas, programas e subvencións para: Autoemprego.

1. Programa de promoción do emprego autónomo (TR341D).

2. Programa de apoio ás iniciativas locales de emprego (ILE) (TR340B).

3. Programa de iniciativos de emprego de base tecnolóxica (IEBT) axudas e subvencións (TR340E).

4. Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)(TR340K).

5. Programa de incentivos para promover a afiliación á seguridad social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias (TR340G).

1. PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D).

Obxecto: Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais mediante o fomento da contratación indefinida.

Serán subvencionables as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que cumprindo os requisitos e condicións establecidas na mesma, se formalicen desde o 16 de setembro de 2009 ata o 30 de xuño de 2010, ambos inclusive.

Beneficiarios:

1.- As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, sempre que:

  • Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben formen parte de sociedades civís ou comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal.
  • Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
  • Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
  • Non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores/as autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos 3 meses inmediatamente anteriores.

Os traballadores e traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís sempre que as soliciten a título persoal. Quedan excluídos do mesmo, os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

2.- As persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida serán os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais, que realicen esta contratación durante o primeiro ano de actividade, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Data: Finalizará o 30 de xuño de 2010.

2. PROGRAMA DE APOIO ÁS INICIATIVAS LOCALES DE EMPREGO (ILE) (TR340B).

Obxecto: Fomentar e promover a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) e inscritos no rexistro administrativo habilitado para o efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego e nos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, conforme ao disposto no Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral.

Beneficiarios: Empresas privadas constituídas e que iniciaran a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos/as e sociedades civís e comunidades de bens, que obtiveran a cualificación como iniciativa local de emprego e non transcorrera máis dun ano dende a notificación da resolución de cualificación e cumpran as condicións e requisitos exixidos para cada tipo de axuda.

Data: Finalizará o 30 de xuño de 2010.

3. PROGRAMA DE INICIATIVOS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA (IEBT) AXUDAS E SUBVENCIÓNS (TR340E).

Obxecto: O programa de apoio ás Iebts vai encamiñado a fomentar e estimular o espírito innovador e emprendedor, principalmente entre os investigadores e titulados universitarios de calquera área do coñecemento científico, técnico e humanístico, e facilitar e impulsar a posta en marcha daqueles proxectos empresariais innovadores de contido científico e/ou tecnolóxico, previamente cualificados como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) e inscritos no rexistro administrativo habilitado para o efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego, conforme ao disposto no Decreto do 15 de marzo de 2007, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Beneficiarios: Empresas privadas, incluídos autónomos, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), ou, de ser o caso, no que se estableza na resolución de cualificación, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

Data: Finalizará o 30 de xuño de 2010.

4. PROGRAMA DE FOMENTO DAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E)(TR340K).

Obxecto: Xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego, e as promovidas e/ou que xeren emprego para demandantes que esgotaron a prestación por desemprego.

Beneficiarios:

Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:

  • que sexan empresas de nova creación.
  • que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
  • que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
  • que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
  • que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica.
  • que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

Data: Finalizará o 30 de xuño de 2010.

5. PROGRAMA DE INCENTIVOS PARA PROMOVER A AFILIACIÓN Á SEGURIDAD SOCIAL DAS PERSOAS COTITULARES OU TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS (TR340G).

Obxecto: Promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a alta na Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias de Galicia, especialmente das mulleres.

Beneficiarias: persoas incorporadas á actividade agraria incluídas nalgún dos seguintes colectivos e que cumpran os requisitos previstos para cada suposto.

1. Persoas incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Que a súa incorporación se produza a partir do 1 de outubro de 2009 e ata o 16 de xullo de 2010.
  2. Ter corenta ou menos anos de idade na data da dita incorporación.
  3. Que sexan cónxuxes ou descendentes do titular da explotación agraria, sempre que este se atope dado de alta nos citados réxime e sistema especiais.
  4. Que sexan beneficiarias da redución do 30 por cento das cotas á Seguridade Social establecida na disposición adicional primeira da Lei 18/2007.

2. Mulleres incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Que a súa incorporación se produza a partir do 1 de outubro de 2009 e ata o 16 de xullo de 2010.
  2. Ter corenta e un e ata corenta e cinco anos de idade na data da dita incorporación.
  3. Que sexan cónxuxes ou parentes da persoa titular da mesma explotación agraria, sempre que esta se atope dada de alta nos citados réxime e sistema especiais.

3. Mulleres de corenta e cinco ou menos anos de idade na data de alta na Seguridade Social incorporadas a partir do 1 de outubro de 2009 e ata o 16 de xullo de 2010 ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, titulares de explotacións agrarias nos seguintes supostos:

  1. Que accedan á titularidade dunha explotación agraria en funcionamento que lles fose atribuída tras un proceso de separación ou divorcio.
  2. Que accedan á titularidade dunha explotación agraria tras o falecemento, xubilación ou incapacidade recoñecida do seu cónxuxe, descendentes ou ascendentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao inclusive.
  3. Mulleres que se incorporen a unha explotación familiar en marcha, cando o seu cónxuxe cause baixa no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, por dedicarse a outra actividade e mentres este permaneza en situación de alta noutro réxime ou sistema da Seguridade Social.

Nestes casos, deberá producirse unha continuidade no funcionamento da explotación agraria de xeito que entre a data de alta no sistema especial da nova titular e a data do feito causante que determina o cambio de titularidade non transcorran máis de 12 meses.

4. Persoas beneficiarias deste programa en calquera das convocatorias dos anos 2006, 2007, 2008 e 2009.

5. Será requisito para percibir as axudas establecidas nesta orde que as persoas beneficiarias estean incluídas no réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios.

Data: Finalizará o 16 de xullo de 2010.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: