Fin prazo de axudas, programas e subvencións para: Apoio a colectivos desfavorecidos.

1.Subvencións para a contratación indefinida inicial de colectivos desfavorecidos, transformación de contratos temporais en indefinidos e incentivos a contratación temporal, cofinanciadas polo fondo social europeo (TR348A,TR348B,TR348C).

2.Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (E.I.L.) (TR356A).

3.Axudas de carácter extraordinario a traballadores e traballadoras afectados por situacións de especial dificultade (TR821D).

1. SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL DE COLECTIVOS DESFAVORECIDOS, TRANSFORMACIÓN DE CONTRATOS TEMPORAIS EN INDEFINIDOS E INCENTIVOS A CONTRATACIÓN TEMPORAL, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO (TR348A,TR348B,TR348C).

Obxecto: Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2010 dos incentivos á contratación indefinida das persoas traballadoras coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maiores dificultades e dos incentivos á contratación temporal coa finalidade de favorecer a inserción laboral das persoas traballadoras que presentan desvantaxes e dificultades para reincorporarse ao mercado de traballo e para fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a través dos seguintes programas:

  • I. Programa de fomento da contratación indefinida inicial
  • II. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos
  • III. Programa de incentivos á contratación temporal

Beneficiarios: poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos nesta orde,as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Data: Finalizará o 30 de xuño de 2010.

2. PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (E.I.L.) (TR356A).

Obxecto: Establecer as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral coa finalidade de promover a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento ás empresas de inserción laboral, a través dos seguintes tipos de incentivos:

  • Contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social.
  • Contratación de xerentes ou técnicos necesarios para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa de inserción.
  • Contratación de técnicos en accións de orientación e acompañamento á inserción.
  • Realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario.
  • Formalización de préstamos con entidades financeiras.
  • Creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral.

Beneficiarios: As empresas de inserción laboral, unha vez cualificadas e rexistradas como tales no rexistro habilitado a tal efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego que promovan a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, que teñan centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos e de acordo cos requisitos e condicións establecidos na orde de convocatoria.

Data: Finalizará o 7 de xullo de 2010.

3. AXUDAS DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO A TRABALLADORES E TRABALLADORAS AFECTADOS POR SITUACIÓNS DE ESPECIAL DIFICULTADE (TR821D).

Obxecto: Outorgar axudas, en concorrencia competitiva, de carácter extraordinario en procesos de reestruturación de empresas da Comunidade Autónoma de Galicia que puidesen levar consigo o cesamento total ou parcial das súas actividades. A finalidade é axudar a traballadores e traballadoras destas empresas que, como consecuencia destes procesos, se atopan en situacións de urxencia e necesidade sociolaboral e, ao mesmo tempo, contribuír ao mantemento do emprego naqueles supostos nos que sexa posible.

Beneficiarios: Serán beneficiarios os traballadores e traballadoras que reúnan os requisitos e obrigas establecidos nesta orde.

Data: Finalizará o 18 de xullo de 2010.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: