O Rallie de Ourense volta a Castrelo de Miño

Os afeccionados ao deporte do motor poderán disfrutar de novo este ano 2010 en Castrelo de Miño dunha das mellores probas do Campionato de España de Rallyes de Asfalto, a 34 edición do Rallye de Ourense. Terá lugar o sábado 19 de Xuño de 2010.

O Concello de Castrelo de Miño colabora este ano coa organización e para os días de competición estarán en perfecto estado de limpeza e conservación as estradas de titularidade municipal sobre as que se realizará a proba. O voluntarios da A.V. de Protección Civil de Castrelo de Miño tamén colaborarán nesta importante proba.

En Castrelo de Miño realizaranse dúas pasadas do tramo chamado “A Seara”.  A primeira ás 10:00 horas e a segunda ás 13:00. Pasará polas seguintes poboacións do noso Concello: Vilela – O Couso – Meizo – Fondodevila – As Bouzas – A Cuqueira – Prado de Miño.

Máis información en www.rallyeourense.es

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: