BANDO 25/2010: Prestación económica de pagamento único por fillos/as menores de tres anos.

O Concello de Castrelo de Miño fai saber que o pasado 10 de maio de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 87, a Orde do 3 de maio de 2010, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2010.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar por fillo/a menor de tres anos así como a convocatoria destas axudas para o presente ano 2010

Serán beneficiarios desta orde:

  • As persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres anos á data do 1 de xaneiro de 2010 (nacidos entre o 02/01/2007 e o 01/01/2010, inclusive).
  • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as.
  • Os estranxeiros que residan en Galicia poderanse beneficiar desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuíntes aos efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.

Quedan excluídas aquelas unidades familiares nas que os seus ingresos considerados de forma individual ou conxunta, segundo a opción de tributación elixida, superaran no exercicio 2008 os 22.000 euros sumadas as bases impoñibles xeral e do aforro da declaración do IRPF.

Requisitos:

  • Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
  • Que na data da solicitude os fillos/as convivan co solicitante.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 10 xuño de 2010.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: