BANDO 24/2010: Programa de vacacións para maiores do IMSERSO

O concello de Castrelo de Miño fai saber que o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) informa da apertura do prazo para presentación de solicitudes de praza para o Programa de vacacións para maiores do IMSERSO.

Poderán realizar a solicitude as persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
  • Pensionistas de xubilación do Sistema Público de Pensións.
  • Pensionistas de viuvez do Sistema Público de Pensións, cuxa idade sexa igual ou superior a 55 anos.
  • Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados, en ambos os dous casos con 60 anos cumpridos.

As modalidades nas que poderán gozar dunhas vacación na tempada 2010/2011 serán:

  • Estanzas en zonas costeiras para descanso.
  • Viaxes culturais para coñecer a Historia e a Arte de España.
  • Turismo de Natureza con rutas por paraxes pintorescas.
  • Intercambios con outros países.

O prazo de presentacións de solicitudes remata o 20 de xuño de 2010.

Para obter máis información ou cursar a solicitude os interesados poden dirixirse ó departamento de servizos sociais do concello.

A información sobre o programa e o modelo de solicitude tamén está dispoñibles na páxina http://www.imserso.es.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: