BANDO 22/2010: Presentación do PXOM en Astariz (Parroquias de Astariz e Vide)

O concello de Castrelo de Miño fai saber que con motivo da APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE CASTRELO DE MIÑO con data de 26 de marzo de 2010, como xa se anunciou en bando anterior, e para unha maior difusión do mesmo, vanse realizar unha serie de presentacións nas distintas parroquias do concello, nas que se explicarán os aspectos máis importantes do seu desenvolvemento e se resolverán as dúbidas dos asistentes.

A presentación nas parroquias de Astariz e Vide terá lugar no Teleclube de Astariz o vindeiro venres día 14 de maio ás 19:30h.

Tras a presentación resolveranse as posibles dúbidas e consultas de todos os asistentes referentes a estas parroquias.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Así mesmo lémbrase que se pode consultar o PXOM de luns a venres na Casa do Concello, e na páxina web http://www.pxomcastrelo.org

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: