BANDO 21/2010: Presentación do PXOM en Cortiñas (Parroquias de Santo Estevo, Barral e Santa María)

O concello de Castrelo de Miño fai saber que con motivo da APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE CASTRELO DE MIÑO con data de 26 de marzo de 2010, como xa se anunciou en bando anterior, e para unha maior difusión do mesmo, vanse realizar unha serie de presentacións nas distintas parroquias do concello, nas que se explicarán os aspectos máis importantes do seu desenvolvemento e se resolverán as dúbidas dos asistentes.

A terceira presentación dirixida ás parroquias de Santo Estevo, Barral e Santa María,  terá lugar en Cortiñas o vindeiro martes día 11 de maio ás 19:30h no Albergue Municipal.

Tras a presentación resolveranse as posibles dúbidas e consultas de todos os asistentes referentes a estas parroquias.

Nos vindeiros días realizaranse similares presentacións no resto das parroquias do concello, as cales serán previamente comunicadas e publicitadas en cada unha delas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Así mesmo lémbrase que se pode consultar o PXOM de luns a venres na Casa do Concello, e na páxina web http://www.pxomcastrelo.org

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: