Anuncio: Subvencións para promoción da lectura e creación de clubs de lectura. CT221E.

O pasado 7 de abril de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 64, a Orde do 15 de marzo de 2010, Consellería de Cultura e Turismo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades de promoción da lectura e a creación de clubs de lectura, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases das subvencións destinadas á realización programas ou actividades de promoción da lectura, en especial a creación e mantemento de clubs de lectura polas asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro. En concreto, as actividades obxecto de subvención serán os talleres de animación lectora, campañas de animación á lectura, clubs do libro, publicidade das actividades obxecto de subvención (estes non poderán superar o 50% do importe total do orzamento), adquisición de exemplares para o funcionamento dos clubs, gastos de persoal para dirección e coordinación das actividades e aluguer de servizos técnicos para a realización das actividades.

Cada entidade beneficiaria poderá recibir unha axuda máxima de ata o 75% do orzamento total da actividade subvencionable. En todo caso, o importe máximo destas subvencións será de 10.000 € por beneficiario.

Serán beneficiarios as asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e inscritas nos rexistros correspondentes e con domicilio social en Galicia, e que estean inscritas no censo de asociacións e entidades culturais da Consellería de Cultura e Turismo.

A documentación que se ten que presentar é a seguinte:

  • Solicitude normalizada (anexo I).
  • Certificación bancaria da conta corrente en que se ingresará, se é o caso, o importe da subvención concedida.
  • Memoria explicativa e detallada do programa ou actividades que se pretenden realizar, indicando o ámbito territorial e social destas, xustificando a súa necesidade e indicando os resultados previstos.
  • Breve memoria descritiva das actividades de fomento da lectura realizadas polo solicitante ata o ano 2010.
  • Calendario de execución das actividades para as que se solicite axuda.
  • Orzamento desagregado e detallado do programa ou actividade, con expresión das axudas solicitadas ou concedidas por parte doutros organismos públicos ou privados.
  • Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas, ou concedidas, para a mesma actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos.
  • Declaración de non atoparse incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 7 de maio de 2010.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: