Anuncio: Subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en comunidades de montes veciñais en man común. MR651A.

O pasado 12 de abril de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 67, a Orde do 7 de abril de 2010, da Consellería de Medio Rural, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en comunidades de montes veciñais en man común e se convocan para o ano 2010.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas previstas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2010, no réxime de concorrencia competitiva.

De acordo co devandito obxecto establécense dúas liñas de subvencións:

  1. Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible.
  2. Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga.

Serán beneficiarios os titulares de montes veciñais en man común así como as súas agrupacións e mancomunidades que ademais cumpran os seguinte requisitos:

  • Estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común.
  • A superficie forestal mínima por expediente será de duascentas cincuenta hectáreas (250 ha), salvo que estivese localizada nalgún espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais onde a superficie mínima será de cen hectáreas (100 ha). Para acadar a superficie as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) poderán formar agrupacións, as cales terán que ser estremeiras ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre pertencer a unha mesma provincia,

A documentación que se ten que presentar é a seguinte:

  • Subvencións para o control selectivo de combustible.
    • Solicitude segundo o anexo I da orde. O solicitante deberá ser a CMVMC, a través do seu representante legal (presidente da CMVMC).
    • Valoración económica das actuacións solicitadas segundo anexo II.
    • Fotocopia do CIF da CMVMC (en caso de agrupación, de todas as comunidades que a integran) ou mancomunidade.
    • Certificación bancaria da CMVMC ou mancomunidade titular do terreo. No caso de agrupacións deberán ser titulares conxuntos todas as CMVMC que formen parte da agrupación. Nas agrupacións permitirase a sinatura mancomunada ou solidaria da conta bancaria.
    • Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir subvencións á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.
    • Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo V.
    • Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para efectos de tramitación da subvención, segundo o anexo VI.
    • Declaración das subvencións solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes destas, ou anexo VII debidamente asinado. No caso de agrupacións, cada CMVMC que integre esta, deberá presentar unha declaración de subvencións.
    • Dúas copias do documento descritivo das actuacións.
  • Subvencións para a construción de puntos de auga nos montes veciñais en man común.
    • Solicitude segundo o anexo III da orde. O solicitante deberá ser a CMVMC, a través do seu representante legal (presidente da CMVMC).
    • Valoración económica das actuacións solicitadas segundo anexo IV.
    • Fotocopia do CIF da CMVMC (en caso de agrupación, de todas as comunidades que a integran) ou mancomunidade.
    • Certificación bancaria da CMVMC ou mancomunidade titular do terreo. No caso de agrupacións deberán ser titulares conxuntos todas as CMVMC que formen parte da agrupación. Nas agrupacións permítese a sinatura mancomunada ou solidaria da conta bancaria.
    • Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir subvencións á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.
    • Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo V.
    • Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para efectos de tramitación da subvención, segundo o anexo VI.
    • Declaración das subvencións solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes destas, ou anexo VII debidamente asinado. No caso de agrupacións, cada CMVMC que integre esta, deberá presentar unha declaración de subvencións.
    • Dúas copias do documento descritivo das actuacións.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 12 de maio de 2010.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: