Anuncio: Subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas experimentais en materia de emprego. TR332A.

O pasado 8 de abril de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 65, a Orde do 29 de marzo de 2010 , da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2010 e 2011 de programas integrados para o emprego.

Esta orde ten por obxecto a posta en marcha de programas de emprego dirixidos á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, mediante a posta en marcha de plans experimentais de actuación e tratamento integrado da inserción laboral.

Considerarase programa integrado de emprego o que ten por obxecto o desenvolvemento de plans integrais de emprego que combinen accións de diversa natureza, como: información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral e mobilidade xeográfica.

Nestes plans integrais estableceranse obxectivos cuantitativos previstos de inserción laboral dos traballadores e traballadoras en situación de desemprego participantes neles.

  1. As accións a que se refire este programa orientaranse, con carácter xeral, á mellora da ocupación e integración dos traballadores e traballadoras en situación de desemprego sinalados como prioritarios na definición anual do Plan de acción para o emprego:
    1. Persoas con discapacidade.
    2. Persoas inmigrantes.
    3. Mulleres.
    4. Persoas desempregadas en risco de exclusión social.
    5. Perceptores de subsidios e prestacións por desemprego, da Renda Activa de Inserción ou da Renda de Integración Social de Galicia.
    6. Colectivo de persoas desempregadas de longa duración.
    7. Mozos/as.
    8. Todos eles deberán figurar inscritos como demandantes de emprego.
  2. Con carácter xeral, polo menos o 60% dos beneficiarios das accións que configuren estes plans experimentais de emprego deberán ser perceptores de prestacións ou subsidios por desemprego. Quedarán excluídos deste requisito aqueles programas experimentais cuxos participantes sexan na súa totalidade desempregados previamente admitidos ao programa de Renda Activa de Inserción ou beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia.
  3. O Servizo Público de Emprego seleccionará os demandantes de emprego dispoñibles para a súa incorporación os plans integrais conforme os criterios xerais deste artigo, e a entidade beneficiaria poderá participar no proceso de selección nos termos que se acorden no correspondente convenio de colaboración.

Os programas establecerán obxectivos cuantificados de inserción laboral das persoas desempregadas participantes nestes de polo menos o 35% dos demandantes de emprego atendidos durante o desenvolvemento do programa, que será o 30% cando todos os participantes no programa sexan traballadores e traballadoras en situación de desemprego previamente admitidos ao programa de Renda Activa de Inserción e subscribisen o compromiso de actividade e/ou perceptores da Renda de Integración Social de Galicia.

Serán beneficiarios as entidades sen ánimo de lucro que acrediten experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento aos/ás traballadores e traballadoras en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.

A documentación que se ten que presentar é a seguinte:

  • Solicitude normalizada segundo anexo I da orde, acompañada da seguinte documentación:
    • Memoria explicativa do proxecto. Considérase requisito imprescindible para a valoración da solicitude. Esta memoria referirase aos seguintes aspectos, na orde que se indica:
      • Denominación do programa ou proxecto.
      • Descrición do proxecto, que inclúa unha enumeración detallada de cada unha das accións que o compoñen e atenda os distintos tipos e programas onde se enmarcan as ditas accións.
      • Duración total do programa (número de meses) indicando a data de inicio e fin de cada unha das accións propostas.
      • Lugar onde se van desenvolver as accións, co enderezo completo.
      • Colectivos a que vai dirixido o proxecto.
      • Número de participantes.
      • Valoración económica do custo total do proxecto, e determinar os conceptos de gastos subvencionables e a estimación por persoa atendida e inserida, conforme o previsto nesta orde, así como o cofinanciamento da entidade subvencionada.
      • Actividades, sectores e ámbito territorial en que se pretende actuar.
      • Relación de medios materiais e recursos humanos de que se dispón ou de que se dotará o solicitante, na cal se especifiquen as condicións daqueles, o seu historial formativo e laboral e as súas capacidades, con indicación dos que se van afectar para levar a cabo as accións propostas.
      • Obxectivos de inserción laboral previstos, que deberán ser polo menos os indicados no artigo 4º.1 desta orde.
    • Copia compulsada da escritura pública de constitución e dos estatutos, onde conste que a entidade solicitante dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos. Quedan exceptuadas da presentación destes documentos as corporacións locais.
    • Orixinal ou copia compulsada da documentación acreditativa da capacidade do representante legal da entidade solicitante para actuar no seu nome e representación.
    • Copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.
    • Documentación que acredite a experiencia da entidade solicitante en actuacións de acompañamento da inserción laboral e mellora da ocupabilidade dos demandantes de emprego.
    • Datos bancarios onde se desexe percibir a subvención (anexo II).
    • Declaración do conxunto de todas as solicitudes de axudas presentadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas ou de calquera dos seus organismos autónomos, entes ou sociedades (anexo III).
    • Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • As entidades que xa tivesen participado con anterioridade nestas accións, estarán exentas de presentar a documentación esixida nas letras b), c), d) e f). No suposto de que se producise algunha modificación na documentación que consta en poder da Administración, estas entidades deberán remitir a dita documentación convenientemente modificada.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 8 de maio de 2010.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: