Anuncio: Subvencións a fundacións, asociacións e institucións culturais, para o seu funcionamento e a realización de programas culturais. CT205A.

O pasado 6 de abril de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 63, a Orde do 15 de marzo de 2010, Consellería de Cultura e Turismo, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais, con ámbito de actuación supraprovincial e que desenvolvan as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Esta orde ten por obxecto establecer bases das subvencións destinadas ao funcionamento e a realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro, con ámbito de actuación supraprovincial e domicilio social en Galicia.

Serán beneficiarios as fundacións, entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes estean legalmente constituídas e inscritas no Censo de Entidades Culturais da Consellería de Cultura e Turismo ou en tramitación.

A documentación que se ten que presentar é a seguinte:

  • Solicitude segundo o modelo que figura como anexo I da orde.
  • Fotocopia do NIF ou de ser o caso do CIF da entidade, xunto coa documentación acreditativa da representación.
  • Declaración, segundo documento normalizado (anexo II), doutras axudas concedidas e/ou solicitadas a outras entidades públicas e/ou privadas para o mesmo proxecto. No mesmo anexo tamén se declarará que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas.
  • Memoria, o máis detallada posible, relativa ao programa ou actividade, que deberá facer mención, como mínimo, dos seguintes aspectos:
    • Contribución ao fomento e difusión da cultura e da lingua galega.
    • Potencial número de beneficiarios/as do programa ou actividade.
    • Repercusión territorial do programa ou actividade.
  • Calendario de execución do programa ou actividade.
  • Orzamento desagregado e polo miúdo do programa ou actividade.
  • Breve resumo das actividades culturais levadas a cabo durante os dous últimos anos.
  • Voluntariamente poderá achegarse calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que sexa pertinente para a mellor valoración do programa ou actividade presentados.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 6 de maio de 2010.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: