Bando 17/2010: Exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Castrelo de Miño

O Concello de Castrelo de Miño fai saber que con motivo da APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE CASTRELO DE MIÑO con data de 26 de marzo de 2010, se somete o documento a exposición pública por prazo de dous meses, desde o día seguinte á súa publicación no DOG ( nº 72 de data 19 de abril de 2010).

PRAZO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA: 20 de abril de 2010 a 20 de xuño de 2010.

CONSULTA E PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS:

  • O documento completo estará dispoñible para consulta e presentación de alegacións na casa do concello en horario de 9.00 a 14.00 de luns a venres, así como na páxina web http://www.pxomcastrelo.org. Neste horario poderase facer calquera consulta ao servizo de urbanismo do concello.
  • Ademais, no horario que a continuación se detalla, haberá tamén unha persoa do equipo redactor do PXOM dispoñible para a resolución de posibles dúbidas e consultas:
    • Ata o 16 de maio: martes e xoves de 9.00 a 14.00.
    • Desde o 16 de maio ata o 20 de xuño: mércores de 9.00 a 14.00.

PRESENTACIÓN DO PXOM NO CONCELLO:

Para unha maior difusión do PXOM vanse realizar unha serie de presentacións nas distintas parroquias do concello, nas que se explicarán os aspectos máis importantes do seu desenvolvemento e se resolverán as dúbidas dos asistentes. Estas presentacións realizaranse antes do 15 de maio e serán previamente comunicadas e publicitadas en cada parroquia para que poidan asistir todos os interesados.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Advertisements

Unha resposta

  1. […] mesmo lémbrase que se pode consultar o PXOM de luns a venres na Casa do Concello, e na páxina web […]

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: