O Concello de Castrelo de Miño fai saber que esta Alcaldía, en virtude de resolucións de data e 8 de abril de 2010, aprobou as bases para a contratación temporal laboral a tempo completo de tres traballadores/as para a obra e servizo “Limpezas e acondicionamento de vías públicas e redes de abastecemento e saneamento.”, polo sistema de concurso-oposición (peóns).
Con arranxo a elas, as instancias solicitando tomar parte nos citados concursos-oposición presentaranse no rexistro do concello, no prazo de 10 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio correspondente. Se o último día fose festivo, o prazo rematará ó seguinte día hábil.
O anuncio para a contratación dos peóns publicouse no xornal “La Región” de data 21 de abril de 2010, rematando o prazo de presentación de instancias as 13:30 horas do día 3 de maio de 2010.
As bases atópanse á disposición dos interesados no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web http://www.castrelo.org.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Consulta aquí as bases e a instancia.
Deixar unha resposta